Deportes

PRESENTACIÓNS SOBRE BALONCESTO.

Recollemos dúas presentacións que tratan diferentes cuestións relacionadas co baloncesto.

  • PRESENTACIÓN 1. As orixes do baloncesto, as regras básicas e os fundamentos técnicos.
  • PRESENTACIÓN 2: Deportes de equipo:O baloncesto. Regras, técnica, táctica.

1. PRESENTACIÓN 1.

 

O Baloncesto
View more presentations from Jesús Bao.
2. PRESENTACIÓN 2.

ACTIVIDADE JCLIC SOBRE BALONCESTO

A continuación recollemos dous paquetes de actividades feitas co programa educativo JCLIC acerca do baloncesto.

1. Actividade  elaborada polo profesor Manuel García Viejo que presenta catro apartados:

  • A historia do baloncesto.
  • O regulamento.
  • A técnica.
  • A táctica.

2. Actividade elaborada polo profesor José Antonio Mera Bustelo sobre Minibasket para o Terceiro Ciclo de Primaria. O proxecto está dividido en dúas partes:

  • Normas.
  • Táctica. 

1.ACTIVIDADE BALONCESTO.

 

2. ACTIVIDADE MINIBASKET.

 

MODALIDADES DE HOCKEY

Existen diferentes modalidades do hockey:

  1. Hockey sobre xeo.
  2. Hockey a patíns.
  3. Hockey herba.
  4. Floorball ou unihockey.

Pero en todas se xoga da mesma forma: dous equipos que teñen que marcar gol na portería contraria. Os xogadores empregan un stick ou pala para controlar a bola ou disco (puck).

Podes ler estas presentacións para coñecer as regras máis importantes das diferentes modalidades do hockey.

 

Hockey
View more presentations from istanef.

Para buscar outra información sobre as diferentes modalidades do hockey podes consultar os seguintes enlaces (clica na palabra en negrita para abrir a páxina do enlace):

  1. Páxina da WIKIPEDIA con información de hockey.
  2. Páxina con información das COMPETICIÓNS de hockey sobre xeo en España.
  3. Páxina da Federación Española  de DEPORTES DE XEO.
  4. Páxina da Federación Española de PATINAXE con información de hockey a patíns e hockey xeo.
  5. Páxina da Real Federación Española de HOCKEY HERBA.
  6. Páxina do CLUB DE HOCKEY LICEO da Coruña.
  7. Outras páxinas de interese: INFOHOCKEY e SOLOHOCKEY.

Espero que con toda esta información coñezas un pouco máis os fundamentos das diferentes modalidades de hockey e que te animes a practicar este deporte nas clases de Educación Física.

ACTIVIDADE JCLIC DE HOCKEY

A continuación podes facer diferentes actividades relacionadas coas modalidades de hockey que aparecen nesta proposta elaborada co programa educativo JCLIC. Espero que aprendas algo máis deste deporte e que sexas capaz de resolver todas as actividades. 

 

HOCKEY SOBRE HERBA

O hockey sobre herba é unha modalidade de hockey que se xoga nun campo de herba batural ou artificial, sen patíns e cun stick que ten unha cara plana e curva.

Os equipos son de 11 xogadores (10 de campo máis un porteiro).

hockey herba

Duración dos partidos de hockey herba: 2 tempos de 35 minutos cada un.

O hockey herba é un deporte olímpico.

Podes consultar os seguintes vídeos relacionados con esta modalidade:

Vídeo1: "Escola Deportiva de Hockey Herba". Poderás ver a nenos/as iniciándose neste deporte e coñecer os fundamentos  básicos do mesmo.

 

 

Vídeo 2: "Partido de hockey herba". Resumo da Final do Campionato Mundial de Hockey Herba Feminino do ano 2010 entre Arxentina e Holanda.

 

Distribuir contido