CAZA TESOUROS

"CAZA TESOUROS"

A continuación terás que resolver esta sinxela "caza tesouros" adicada ao hockey. "As cazas tesouros" son actividades que permiten acadar información sobre un tema determinado e practicar habilidades e procedementos relacionados coas TICs e co acceso á información a través de Internet. Entre outros obxectivos, facilitan a mellora da comprensión lectora e o desenrolo de estratexias na procura de información. Consisten nunha folla de traballo cunha serie de prguntas (que terás que contestar) e un listado de direccións de Internet (que terás que consultar para atopar as respostas).

                                                 

"CAZA TESOUROS DE HOCKEY"

PREGUNTA 1: Existen diferentes modalidades de hockey. Poderías indicar cales son as catro modalidades máis practicadas.

PISTA 1: http://html.rincondelvago.com/hockey_4.html

PREGUNTA 2: Os Xogos Olímpicos dispútanse en dúas competicións diferentes: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno. No programa actual dos Xogos Olímpicos de Verán figura unha modalidade de hockey. Terás que descubrir cal é esa modalidade. Ademais terás que investigar para saber en que ano se disputou por primeira vez unha competición dese deporte nos Xogo Olímpicos.

PISTA 2: http://es.wikipedia.org/wiki/Deportes_ol%C3%ADmpicos

PREGUNTA 3: A "OK LIGA" é a principal competición de hockey a patíns de España. Está organizada pola RealFederación Española de Patinaxe. Terás que buscar información para contestar a esta preguntas:

PREGUNTA 3.1: Cantos equipos participan na "OK LIGA"?

PREGUNTA 3.2: Mira na clasificación actual e escribe o nome dos tres primeiros clasificados.

PREGUNTA 3.3: Na "OK LIGA" participan dous equipos galegos. Cales?

PREGUNTA 3.4: Escribe o nome de 5 xogadores dun dos equipos galegod da OK LIGA.

PISTA 3.1: http://www.fep.es/website/index.asp

PISTA 3.2: http://www.hockeyclubliceo.com/principal.html

PREGUNTA 4.1: Busca o posto no que quedou a Selección Española Masculina de Hockey Herba nos tres últimos Xogos Olímpicos.

PISTA 4.1: http://www.rfeh.com/web/rfeh/historia/palmares_seleccion/selm_jjoo.htm

PREGUNTA 4.2: Busca o posto no que quedou a Selección Española Feminina de Hockey Herba nos tres últimos Xogos Olímpicos.

PISTA 4.2: http://www.rfeh.com/web/rfeh/historia/palmares_seleccion/self_jjoo.htm

PREGUNTA 5: Terás que escribir os nomes dos equipos que aparecen na ficha.

PISTA 5: http://www.fedhielo.com/content/view/19/36/lang,es/