FALAMOS COA ANTÁRTIDA

O venres 2 de marzo foi un día moi especial. Os nenos e nenas de 6º mantiveron unha charla de 40 minutos con responsables e científicos da base Juan Carlos I que España ten na Antártida, que moi amablemente nos contaron unha chea de cousas interesantísimas, curiosidades, anécdotas..., sobre como é a vida na Illa Livingston ao longo dos meses que hai campañas de investigación. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlles preguntas sobre a capacidade que ten a base, como son as construcións nas que viven e traballan, como se realizan as comunicacións, como se tratan os residuos, cales son as rutinas diarias de toda a xente que habita alí, científicos, técnicos,... Ademais tivemos a sorte de coñecer a Ana Pintado, científica viguesa da Complutense de Madrid que estuda os líquenes que se atopan na Antártida. Toda unha experiencia e un privilexio que queremos agradecer a todos os que fixeron posible que charláramos en directo coa Antártida... en galego!!!!   

                         Grazas Camilo, Antonio, Joan e Ana. Guiño

 

 

Clica aquí para ver máis fotos

Powered by Drupal - Design by artinet