A familia frente as novas tecnoloxías

                               A  FAMILIA  E  AS  NOVAS  TECNOLOXÍAS

 

A tecnoloxía chegou  a todas as familias. A televisión, internet, os videoxogos, os teléfonos móbiles…. En definitiva, todas as pantallas audiovisuais que nos rodean son tecnoloxías que xa forman parte da nosa vida cotiá e familiar. Pero… son boas ou malas?

Non podemos responder con rotundidade porque son recursos que nos ofrecen numerosas oportunidades e, tamén, supoñen algúns riscos. Todo vai depender do uso ou do abuso que se faga dos mesmos.

 

A IMPORTANCIA SOCIALIZADORA DA FAMILIA FRENTE A TECNOLOXÍA

 

A sociedade na que vivimos é cada vez máis complexa e, na mesma medida, tamén é a educación familiar. Tan alonxado da realidade sería pensar que os nosos fillos e fillas poden vivir nunha burbulla illada das influenzas alleas á familia, como pensar que os pais e as nais non temos nada que decir na súa educación.

É precisamente entre estes dous polos onde debemos posicionarnos para ser máis eficaces, sendo conscientes de que compartimos a educación con outros axentes que se van incorporando pouco a pouco a través da escola, das amizades e dos medios audiovisuais.

Os medios audiovisuais e as novas tecnoloxías son unhs das canles de socialización máis potentes na actualidade. E non son, soamente, polos seus contidos, senon tamén por ser unha forma de establecer relacións sociais, de acceder ás informacións, de crear contidos e, en definitiva, de vivir na sociedade.

Refiréndonos a poboación infantil e xuvenil, o certo é que crecen rodeados dunha oferta variada, inagotable e omnipresente de contidos audiovisuais e de tecnoloxías. Seu pasado, seu presente e o seu futuro, está irremediablemente ligado a linguaxe, ás ferramentas e ás funcionalidades destas tecnoloxías. Que a súa relación presente e futura coa televisión, co Internet, cos teléfonos móbiles e os videoxogos, sexa beneficiosa ou perxudicial, non dependerá da tecnoloxía en se mesma, senon de que a sociedade en xeral e os pais e nais sexamos capaces de facilitar que se convertan en usuarios/as responsables e con criterios propios.

 

QUE PODEMOS FACER DESDE A FAMILIA

 

1º.- COÑECER:

É preciso coñecer e entender os medios audiovisuais e as tecnoloxías da comunicación que consumen ou poden chegar a consumir os nosos fillos. É imprescindible se queremos educarlos no uso responsable e protector dos seus riscos.

É fundamental que nos esforcemos en coñecer cales son as pantallas que consideran propias, que buscan en elas, que atopan, como funcionan, etc… Ademáis é positivo que lle amosemos que estamos ao día. Deste xeito percibirán que estamos interesados no seu mundo. Posiblemente non o vivirán como algo positivo, pero, no fondo, chegaralles como unha mostra de afecto e cercanía.

 

2º.- PROTEXER:

Trátase de aplicar normas e utilizar medios tecnolóxicos que protexan aos nosos fillos/as dos riscos vencellados ao uso inadecuado dos medios audiovisuais e as tecnoloxías da comunicación.

É importante que este traballo de protección comece na infancia, con medidas como as seguintes:

·        

Delimitar o tempo adicado á televisión e ao resto das pantallas.

 

·        

Evitar que dispoñan de televisión ou ordenador no seu cuarto, xa que se reducen as posibilidades de supervisión.

·        

Delimitar a idade á que poden dispoñer de teléfono móbil.

·        

Definir con claridade que programas da televisión poden ver e que páxinas de internet poden visitar.

·        

Observar a clasificación dos videoxogos antes de mercalos.

·        

Poñer filtros de control parental en internet.

Queremos facer fincapé en que a presenza, o acompañamento e a supervisión de pais e nais, é a mellor estratexia de protección.

 

3º.- EDUCAR:

As normas son imprescindibles para protexer aos menores, pero resultan insuficientes se non logramos que, paralelamente, aprendan a controlar o propio consumo da televisión e das outras pantallas. A mellor maneira de protexelos é axudalos a que teñan criterio para seleccionar contidos, para detectar manipulacións e para ser quen de apagar as pantallas cando sexa preciso.

Para acadar isto temos que poner en marcha diversas estratexias educativas como as seguintes:

·        

Educar a través do exemplo. Nós temos que ser coherentes cos obxectivos que queremos acadar cos nosos fillos.

·        

Explicarlles o sentido das normas establecidas para o uso das tecnoloxías a pesares de que se rebelen.

·        

O diálogo. Temos que aproveitar calquer situación e calquer espacio para fomentar o diálogo.

·        

Transmitir nosas propias opinións e gustos. Temos que ter moito coidado á hora de expresalas porque, se son sempre críticas coas súas eleccións, pode ser educativamente negativo.

·        

Debatir sobre o funcionamento das diversas tecnoloxías, as aportacións, as ventaxas, os inconvintes e os riscos.

CONCLUSIÓN

 

É un tema complexo e que avanza a velocidade vertixinosa, que preocúpanos moito e que, as veces, temos sensación de impotencia, de non saber que facer… Ante isto sempre normas, diálogo e prevención.

 

Un saúdo

 

 

Maribel Juan Yenes ( orientadora )