ONE BOOKMARK, ONE OPORTUNITY

 Moitísimas grazas!! entre todos recadamos 450€ 

Participamos nunha campaña de Save the Children.

Nesta edición, a recadación de fondos conseguidos polos centros que participan na actividade será destinada aos programas de desenvolvemento e emerxencias que Save the Children ten para combatir a desnutrición infantil en Burkina Faso.Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Trátase dun marcapáxinas solidario. No mes do día do libro, os marcapáxinas cos dereitos da infancia levan unha cara en branco para que os rapaces poidan decoralos ao seu gusto. Despois, solicitarán aos familiares e amigos un donativo a cambio de cada un.

  • Diploma para os participantes

Para agradecer a participación de todas as alumnas e alumnos que decoran os marcapáxinas.

 

(clicade na imaxe para visitar na web este proxecto de Save the Children).