COMO FACER VIÑO

Este ano empezamos o proxecto de facer viño cara finais de setembro despois dunha colleita ou vendima moi proveitosa para todo o mundo relacionado co mundo do viño. Os rapaces e rapazas de infantil fixeron a vendimia cortando as uvas nunha viña feita a modo de espaldeira. As uvas colocadas nesta forma reciben máis luz que nas parras que son máis protectoras dos racimos. 

 infantil vendimiando.jpg

Logo da vendimia levamos as uvas nos capachos para o noso laboratorio para rematar a faena do día e pisar as uvas facendo o mosto necesario para a elaboración do viño.

mosto 1.jpg

 

Os alumnos de 5º con uns guantes esmagaron as uvas e cun colador filtraron o mosto e probaron o seu sabor. 

estrujar 1.jpg

Fixemos dúas clases de mosto para logo facer dúas clases de viño: branco e tinto. 

prensa 2.jpg

O lagar era o encargado antigamente de facer este traballo prensando os racimos ou incluso cando a xente o pisaba cos seus propios pes. 

 Finalmente probámolo mosto e estaba moi bo. A maioría dos nenos e nenas non pensaban que estivese tan bo, e sin botarlle azucre!