Saída ao MARCO e BARRIÉ

28/11/2014 10:07
Europe/Madrid

"Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico" 

 

 

É o plástico un material eterno? Desde comezos do século XX este material derivado do petróleo seguiu un camiño ascendente no mundo do consumo. Económico e fácil de manipular, pódeselle dar case todas as calidades que se necesitan. Hoxe en día a produción mundial de plásticos acadou a enorme cantidade duns 8.000 quilos por segundo. Pero, que lle pasa a un produto de plástico cando chega ao final do seu ciclo vital? Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, que aos poucos vanse transformando nunha sopa de plástico, con graves consecuencias para nosa saúde.