O mércores 19, o alumnado de Educación Primaria visita o Salón do Libro de Pontevedra
Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano cumpre 15 edicións.
Do 14 de marzo ao 5 de abril, celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Cociñando Contos"