3º Trimestre!

 

Boas a tod@s!!

Como foron estas vacacións? Seguro que un pouquiño raras, pero tamén sei que tivestes a oportunidade de facer cousas moi diferentes ás habituais, e iso tamén está moi ben!

Como esta semaniña quedou curta e aínda estamos esperando instrucións claras de cara a este trimestre,  envíovos unhas fichiñas de repaso de temas anteriores para que fagades unha cada día de cada materia, xa veredes que son moi faciliñas!

O venres mándovos a resolución!

Respecto ao diario que vos mandara facer o último día que estivemos xuntos, este trimestre non continuaremos con el, posto que mandarei traballos máis específicos. Por suposto, lereinos todos á volta!

Xa queda menos para volver a vernos!

Lingua galega                                Ciencias da natureza                            Ciencias sociais