Museo MARCO - 1º Ciclo

 

O alumnado do 1º ciclo asistiu á exposición "A Balea Negra" no museo MARCO de Vigo que trata algunhas cuestións do noso tempo como a explotación da Natureza, o comercio marítimo e a globalización a raiz do accidente do Prestige.

A monitora recibiu aos rapaces e fixo unha introdución sobre o museo e os soportes das creacións artísticas. En cada sala, despois da observación e explicación das pezas gañaban unhas pequenas pezas de distintas formas e cores que, ao rematar a visita, utilizaron para facer máscaras no "laboratorio das artes". E quedamos convidados a visitar o museo calquer sábado en horario de mañá para desfrutar de futuras exposicións.
(Todas as fotos da saída no apartado "Galería")