19 de marzo de 2020

    Bo día!!

      Hoxe soamente vos escribimos para felicitar aos vosos

   papás e desexar que pasedes un feliz día!!

     Biquiños e apertas de todas as vosas mestras.

17 de marzo de 2020

Bo día!!

Cómo estades hoxe?

Sei que estaredes facendo manualidades, xogando cos xoguetes e xogos de mesa, cociñando, bailando, cantando e un montón de cousas mais que nos contaremos á volta e espero que o esteades disfrutando.

Quería contarvos que, ademais do que vos mandei, vou poñer cada día na web unha proposta para que aproveitedes tooodo ese tempo que tedes agora na casiña. Comezamos mañá así que estade pendentes!

Vémonos pronto!

Biquiños e apertas de María, Cris e Ana.

16 de Marzo de 2020

Recomendacións para 2ºE.P.

   Durante este tempo no que temos que quedar na casa queremos achegarvos propostas, actividades e ideas para ir realizando cos peques, facer máis levadeiro o día a día e, de paso, afianzar as aprendizaxes adquiridas. 

As Árbores da Sobreira

Os detectives de 2º EP (2018-19) están a investigar os nomes das árbores do colexio, os animais e os seres fantásticos que viven nelas!

Moita actividade na aula de 2` EP

Obradoiro para coñecer as pegadas nos bosques.

Visita de dous buzos profesionais

Carteiro Real e

 Árbore mariño da convivencia!!!

Xuntos conseguímolo!

Os rapaces despídense de 2º despois de moito traballo ben feito. Desexámoslle moita sorte a Paloma no seu próximo destino. E a profesora Mariana cumple o seu primeiro ciclo na Sobreira.

BRÓCOLI

Hoxe apañamos o brócoli xa florecido. Está certificado, en calidade e sabor, polos caracois que lle andiveron comendo nas follas.