16 de Marzo de 2020

Recomendacións para 2ºE.P.

   Durante este tempo no que temos que quedar na casa queremos achegarvos propostas, actividades e ideas para ir realizando cos peques, facer máis levadeiro o día a día e, de paso, afianzar as aprendizaxes adquiridas. 

       Parécenos recomendable que todos os días lean e escriban un pouco tanto en galego coma en castelán: poden facer algunha copia dun conto que lles guste, escribir unha nota, carta ou poesía ou do que van facendo diariamente, inventar unha historia, outro final para un conto,..; que conten oralmente unha historia lida ou inventada, xogar ás palabras encadenadas,...

       Ademáis é bo que fagan sumas e restas con levadas, series ou contar oralmente de maneira ascendente ou descendente (de 1 en 1, de 2 en 2, de 5 e 5,...), ordenar números de maior a menor, inventar problemas de sumas e restas, medir coa cinta métrica cousas da casa, xogar coas monedas e facer xogo simbólico mercando con eles e elas, facer cálculo mental sinxelo,...   

    Todas estas achegas son totalmente VOLUNTARIAS aínda que moi importantes. Déixovos un enlace moi interesante do recoñecido neuropsicólogo Álvaro Bilbao para estes días tan peculiares:

https://alvarobilbao.com/efectos-psicologicos-cuarentena-en-ninos

    Un saúdo e moito ánimo.