Skip to Content

Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP

O martes 28 de maio o alumnado de 5º de primaria achegouse ata a praia fluvial do Lérez para unha actividade de piragüismo en Dragóns e xogos na praia.
Compartimos está xornada cos colexios de Lérez, Campañó, Cabanas, Chancelas, Froebel e San José de Pontevedra.
A parte de Dragóns estivo a cargo do Club de Piragüismo Cidade de Pontevedra.
Tiveron un día estupendo.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP

RAQUEL QUEIZÁS "VIAXE DOS CONTOS POLA IGUALDADE"

Raquel Queizás veunos facer unha contada moi divertida onde descubrimos historias de nenas e nenos que rompen os estereotipos dos contos tradicionais e identifican situacións onde a violencia física e verbal pode ter solución grazas á palabra. Seguiremos viaxando na liña da igualdade, respectándonos e empregando a palabra ante situacións discriminatorias ou violentas. Un forte aplauso novamente e moitas grazas por vir "Queliña"!

Álbum: Curso 23-24 -> Raquel Queizás, "Viaxe de contos pola igualdade"

SENSIBILIZACIÓN DA ASOCIACIÓN DE SÍNDROME DE DOWN "XUNTOS".

Pechamos o mes de maio coa sensibilización da "Asociación Down Pontevedra Xuntos" que viñeron ó noso cole a facernos entender a importancia da inclusión de todas as persoas. Tamén nos fixeron ver que coa eliminación de barreiras evitase a necesidade de adaptacións. Deste xeito queremos agradecer a Laura, Matías e Óscar, persoas da entidade, por virnos falar das súas experiencias de vida. Ós máis pequenos contáronnos contos e propuxéronnos xogos cos que entendemos que todos somos diferentes pero tamén todos somos iguais, que como decía a cebra "todos e todas collemos baixo o mesmo paraugas!". E así seguimos medrando, xogando e aprendendo cada día!

Álbum: Curso 23-24 -> Down Pontevedra Xuntos

PUBLICACIÓN LISTA PROVISIONAL DE CANDIDATOS XUNTA DIRECTIVA ANPA

No arquivo adxunto, de acordo cos estatutos da asociación, procedemos a comunicarvos a listaxe provisional de candidatos á Xunta Directiva da ANPA, a cal está dispoñible tamén na páxina web do colexio e no ABALAR

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convócase a todas/os nais/pais/titoras/es do alumnado do CEIP Santo André de Xeve á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar o vindeiro día 07 de xuño de 2024 as 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:45 horas en segunda convocatoria no local da ANPA situado a carón do comedor escolar do citado Centro.

A XANELA MÁXICA

O pasado xoves 24 de maio, grazas a editorial Consorcio, tivemos a sorte de disfrutar  "A xanela máxica". Un teatro interactivo onde  traballamos  sobre que é o acoso escolar, como detectalo e combatilo. 

Álbum: Curso 23-24 -> A xanela máxica

GOLF NO CAMPO DE GOLF DE MEIS 5ºEP

En colaboración co CFR de Pontevedra e o Servizo de Deportes e dentro do programa Xogade o martes 21 de maio o alumnado de 5º de primaria tivo a oportunidade de achegar-se ao Campo de Golf de Meis.
Poideron coñecer como é un campo de golf da man dos xogadores profesionales do campo Javier e Miguel.
Practicaron golpes de xogo largo e xogo curto nas zonas de practicas.
En definitiva achegaronse de primeira man a esta modalidade deportiva.

Álbum: Curso 23-24 -> Golf 5ºEP

PREVENCIÓN DOR DE COSTAS 4ºEP

Este xoves, día 9 de maio visitounos un fisioterapeuta do Centro de Saúde Virxen Peregrina de Pontevedra.
Tivo unha sesión para o alumnado de 4º de primaria mediante xogos de repaso de contidos traballados en charlas anteriores, e ensinounos outros xogos para practicar nas pausas activas no cole e na casa.
Foi interesante e gustoulles moito.

Álbum: Curso 23-24 -> Prevención dor de costas

TENIS DE MESA 4ºEP NO PAVILLÓN PRÍNCIPE FELIPE

O mércores, 8 de maio acudíu o alumnado de 4º de educación primaria, xunto co alumnado do CEIP de Cabanas ao Pavillón do centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra.
Alí, da man dos adestradores do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro tiveron unha xornada de multicompetición en equipos formados con membros de ambolos dois centros.
Para levalo a cabo dispuseron de vinte mesas o mesmo tempo.

Álbum: Curso 23-24 -> Tenis de mesa 4ºEP

LETRAS GALEGAS 2024

Chegou o día das Letras Galegas, este ano adicado a Luísa Villalta que foi unha profesora, escritora e violinista de moita importancia na defensa da lingua galega. Neste día entre caricaturas, cancións, poemas e a primeira entrega do podcast "larapetadas" a rapazada de Xeve conseguiu facer unha gran homenaxe. 

Álbum: Curso 23-24 -> Letras Galegas 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut