Hoxe, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou en Pontevedra nunhas xornadas de CROSS ESCOLAR. Algúns e algunhas dos nosos alumnos e alumnas acadaron moi bos postos na clasificación!
Ademais, a pesares do día de calor, disfrutaron moito da experiencia!
O martes 19 de setembro visitáronnos dous xogadores do primeiro equipo da Sociedade Deporiva TEUCRO de Pontevedra, Rhuan Marchette e Caue Herrera, os cales competirán esta tempada na Primeria Nacional.
Impartiron tres sesións de iniciación ao balonmán a 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria e animáronnos a coñecer as súas escolas deportivas.
Este curso comezamos xa con moitas actividades deportivas! O 12 de setembro achegáronse ao cole da Sociedade Gimnástica de Pontevedra para impartir unha sesión de iniciación ao atletismo e dar a coñecer as súas escolas de atletismo ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
Convócase Asamblea Xeral Ordinaria a celebrar o vindeiro día 6 de outubro de 2023 ás 20:15 horas en primeira convocatoria e ás 20:45 horas en segunda convocatoria no local da ANPA situado a carón do comedor escolar do citado Centro.
Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a Gran Final das Series Mundiais do Triatlón! Como este curso a temática do proxecto do centro será "Olímpicos de Xeve", cremos que acercar aos nenos e nenas a este gran acontecemento pode ser un elemento moi motivador! Así que animámosvos a ir e disfrutar en familia!
Este curso dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) do Plan Proxecta participamos en tres modalidades:
DAFIS: Valorar a condición física para a saúde do alumnado a través das probas e dos test propostos, para traballar, en base os resultados obtidos, na mellora da condición física saudable, tanto de forma individual, como global (clase, centro educativo), do alumnado, e desenrolar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas, e sedentarismo asociado a pantallas-).
XOGADE: Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar: Participación nalgunha das modalidades existentes na actividade deportiva escolar, recollidas na web https://xogade.xunta.gal
MILLA DIARIA: Realizar unha milla diaria (andando/trotando) para incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo e medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).
FUNDACIÓN PHO3NIX KIDS por Javier Gómez Noya. Obradoiros deportivos para as escolas.
Actividades deportivas e educativas organizadas pola Fundación Pho3nix nos colexios. Os obradoiros desenrolanse coa participación de deportistas recoñecidos, incluídos atletas olímpicos. O obxectivo é presentar un amplo abanico de disciplinas deportivas aos nenos y axudarlles a descubrir a que máis lles guste.
Ademais de estas propostas quixemos traballar na mellora da condición física saudable do alumando achegándoo á oferta de diferentes modalidades deportivas, así como a coñecer os clubs e escolas deportivas da nosa contorna.
Para elo, en asociación co CEIP de Cabanas, o CEIP Plurilingüe Froebel, o CPR San José e o CEIP Xunqueira nº 1, creamos a Asociación Deportiva Pontevedra (ADESPONT) para a dinamizar a practica deportiva nos nosos centros.
Elaboramos unha programación de doce xornadas nas que participamos no programa Xogade (Campo a Través, Atletismo en Pista, Voleibol, Bádminton, Xadrez, Baloncesto, Natación e Tenis de Mesa ...), organizamos xornadas de convivencia entre centros practicando deportes alternativos (Floorball, Kickball e Pelota Canadiense e outra modalidade, e celebramos xuntanzas intercentros ( os cinco centros da asociación) onde achegamos ao noso alumnado a outras modalidades deportivas tales comoBaile,Rugby Cinta, Ciclismo, Carreira de Orientación e Xogos Populares e Tradicionais.
Ademais concertamos visitas a os nosos centros e tamén as súas instalacións con diversos clubs e escolas deportivas para coñecer de primeira man as súas modalidades deportivas:
-S.D. Teucro (Balonmán e XogaBalonmán na Escola)
-Centro Galego de Tecnificación Deportiva CGTD (Loita e XogaLoita) e acudimos ao Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, que se celebrou na nosa cidade no Pavillón Municipal
-Escola de Xadrez Pontevedra (Xadrez)
-Escola de Danza Fita Novas (Baile)
-PonteBaile (Baile)
-Club Voleibol Pontevedra (Volei)
-Club Baloncesto Arxil (Baloncesto)
-Club Bádminton Ravachol Pontevedra (Bádminton)
-Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra (Esgrima).
-Sociedad Gimnástica Pontevedra (Atletismo).
-Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra (Piragüismo modalidade Dragón Boat).
-Club Salvamento Acuático Pontevedra - Club S.A.PO (Salvamento Acuático).
-Club Galaico Sincro (Natación).
-Club de Tenis Pontevedra (Tenis).
-Tenis de mesa Monte Porreiro (Tenis de Mesa).
No propio centro continuamos desenvolvendo os Recreos Activos cun calendario de actividades lúdico-deportivas para tódolos cursos con propostas como fútbol sala, voleibol, palas, brilé, bádminton, baloncesto, mini-balonmán, tenis de mesa, rocódromo e xogos tradicionais.
Para completar temos que mencionar as saídas como o roteiro do Salgueiral, roteiro de infantil, roteiro Mª Victoria Moreno e o roteiro micolóxico pola contorna do centro, a excursión a Cabeza de Manzanedade 6º de EP con actividades como vivacs, parque multiaventura, senderismo, natación, orientación fotográfica e tiro con arco, ou as charlas “O deporte na etapa escolar” dentro do programa da concellería de Educación e Deportes “A vida é movernos” impartido polo Club Cisne Balonmán, a “Educación para a Saúde”, os “Primeiros Auxilios” impartido polo Servizo de Urxencias do 112 para alumnado, nais, pais e mestres, e a charla “Prevención de Costas” impartida pola Unidade RAQUE do Servizo de Rehabilitación do Hospital de Montecelo
O 21 de xuño, último día de cole, ademais de ter a graduación dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, tivemos unha xornada de diferentes talleres para todo o alumnado. Organizado e posto en marcha polos nenos e nenas de 6º, fixemos baile, debuxo, pintura, origami, pulseras, lettering, xogos de mesa...
Pasamos unha xornada moi divertida e diferente! Moitas grazas a todos e todas os que o fixéstedes posible!