Skip to Content

Plástica

VOTA A TÚA CABAZA FAVORITA!!!

  2

 3 4

 5 6

 7  8

 9  10 

 11 12

 13  14

 15    16

 17 18 

COMPARTIMOS A CELEBRACIÓN: HALLOWEEN- SAMAIN

CELEBRAMOS O SAMAIN - HALLOWEEN

Celebra con nós estas datas participando cos teus fillos e fillas no concurso de cabazas decoradas e cociñando unha merenda terrorífica.

Moitas Grazas!

                                                     

PROPOSTA DIDÁCTICA INCLUIDA NA MEMORIA DE SECCIÓNS BILINGÜES 2013-2014

PROPOSTA INCLUÍDA NA MEMORIA DE SECCIÓNS BILINGÜES E REALIZADA NA CLASE DE EDUCACIÓN PLÁSTICA

Proposta didáctica incluída na memoria de SECCIÓNS BILINGÜES DE 6º A E 6º B

Desenvolvida por:

Coordinador: José Luis García Prado

Mestre CLIC: Rocío Cuñarro Neira

Auxiliar de conversa: Bradley Hursh

 

Nome da proposta: "A giant hand"

Realización dun obxecto característico dos campos deportivos nos EEUU que se utiliza para animar aos equipos preferidos.

Materia :Educación Artística (Plástica)

Curso: 6º de Ed. Primaria

Idioma: Inglés

Nº de sesións: 4 sesións

RECURSOS TIC:

Ordenador

Programa informático(Power Point ou similar)

Canón

Pantalla dixital

DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Na competencia cultural e artística: Coñecer as manifestacións artísticas de diferentes épocas e procedencias. Especialmente as de orixe británica.

Na competencia no coñecemento e interacción co mundo físico: Fomentar a adquisición da habilidade para desenvolverse de maneira autónoma, sabendo analizar, interpretar e obter conclusións.

Na competencia en comunicación lingüística: Comunicarse cos membros do seu grupo para resolver problemas, chegar a conclusións, etc, tanto na lingua propia coma en inglés.

Na competencia para aprender a aprender: Atender ao erro como parte do proceso de aprendizaxe, fomentando a aceptación do mesmo e a intención por superalo, sendo a lingua só o vehículo de comunicación para a realización dunha tarefa; e promover a autonomía e a aprendizaxe propia ao observar e aprender das producións lingüísticas dos seus iguais

Na competencia social e cidadá: Achegar ao alumnado outra lingua diferente da propia e promover o respecto cara á realidade multilingüe; e crear un espazo contextualizado para o emprego real da lingua estranxeira á hora de intercambiar material ou pedir ideas.

Na competencia dixital e do tratamento da información: Percibir a información visual e plástica, e expresar o que se sente ante ela en inglés.

Na competencia matemática: Desenvolver a comprensión e produción de plans e instrucións en inglés, así como a capacidade para a organización da información, emprender procesos ou comprender localizacións nesa lingua.

Na competencia de iniciativa persoal e autonomía: Comprender a realidade social e cultural do mundo no que vivimos, máis extensa que o pequeno círculo da súa vida cotiá.

OBXECTIVOS

a) Lingüísticos:

Usar o inglés como medio de aprendizaxe e de coñecemento doutras áreas curriculares.

Mellorar a competencia lingüística na área de inglés; promovendo a adquisición de vocabulario, fluidez no uso da lingua e a integración dos alumnos e alumnas no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Expresarse e comunicarse producindo mensaxes que empreguen os códigos da linguaxe plástica.

Proporcionar ao alumnado, especialmente a aqueles con necesidades educativas; a través dun maior dominio do inglés, as estratexias necesarias para enfrontarse a situacións da vida cotiá relacionadas coas novas tecnoloxías e coa informática.

Reflexionar sobre o funcionamento das distintas linguas, tanto lingüístico como comunicativo, o que facilitará a aprendizaxe das mesmas.

Desenvolver unha maior competencia lingüística nas tarefas comunicativas por medio de actividades de práctica da expresión oral e escrita, de comprensión auditiva, de lectura e audiovisual, de interacción oral, escrita e de comunicación verbal.

b)Non LIngüísticos (Ed. Plástica)

Observar as características máis significativas das situacións e dos obxectos da realidade e seleccionar aquelas que considere máis útiles para o desenvolvemento da actividade artística.

Coñecer os elementos plásticos básicos para a análise de producións artísticas e utilizalos na elaboración de producións propias.

Manipular e investigar sobre materiais e útiles diversos para coñecer as súas propiedades e posibilidades con fines expresivos, comunicativos e creativos.

Confiar nas elaboracións artísticas propias, gozar coa súa realización e aprender dos erros cometidos para mellorar.

CONTIDOS

a)Lingüísticos

- Practica e coñecemento do vocabulario relativo a actividade

-Utilizar o vocabulario relativo á actividade en situacións reais de comunicación na aula.

b)Non Lingüísticos

Observacion e discriminación de materiais, de cores, de formas, de volumes, de texturas, decontornos, de perspectiva, da bidimensionalidade e da tridimensionalidade, de luz, e demovemento nos obxectos, nas imaxes e nas obras artísticas.

Descubrimento e identificación de elementos artísticos, obras de arte ou certos aspectos relativos a elas (previamente traballadas na clase) na vida cotiá e nos medios de comunicación, reflexionando sobre o seu uso.

Iniciación á análise das formas de representación de volumes no plano segundo o punto de vista ou a situación no espazo.

Coñecemento de identificadores artísticos de diferentes culturas, principalmente anglosaxonas, e valoración destes como enriquecedores da nosa.

Seguimento cada vez máis autónomo dun proceso para chegar á materialización plástica dunha idea.

TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN

1ª sesión: Presentación do proxecto utilizando un programa informático, ordenador e canon. Diálogo sobre o tema(deportes, seguidores, demostracións típicas....)

Presentación do material e instruccións para realizar o proxecto. Aclaración de termos.

2ª sesión:Decoración libre do obxecto

3ª sesión:Recortar as pezas frontal e posterior. Trazar a peza lateral e recortala.

4º sesión: ensamblaxe e remate do proxecto. Presentación oral de cada un explicando o que fixeron e cal foi o motivo da súa decoración.

MEDIDAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO

Nas dúas aulas temos alumnos que presentan un certo retraso académico ademáis dunha alumna discapacitada motórica diagnósticada de Parálisis cerebral. Os alumnos con retraso académico presentan máis dificultade na parte lingüística e a alumna discapacitada motórica na parte de manipulación dos materiais e procesos de transformación dos mesmos). O tipo de medidas e distinta pero aplícanse de xeito personalizado, tanto por parte do axudante de conversa coma polo mestre Clic. Os obxectivos son acadados por todos eles na medida das súas posibilidades.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

-Producir obras plásticas que impliquen organización espacial, uso de materiais diversos e aplicación de diferentes técnicas e instrumentos.

-Comprobar as posibilidades de aplicación de materiais, de texturas, de formas e de cores sobre diferentes soportes.

-Representar de forma persoal ideas, accións e situacións valéndose dos recursos que a linguaxe plástica e visual proporciona.

-Empregar axeitadamente termos e vocabulario específico, propios da tarefa que estamos a realizar.

-Expresarse correctamente en inglés, dentro do seu nivel e empregando a linguaxe propia da aula e das actividades que estamos a realizar.

-Usar adecuadamente as tecnoloxías da información e da comunicación para a creación de producións plásticas.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

-Observación directa dos procedementos levados a cabo para acadar os obxectivos.

-Valoración do obxecto resultante dende o punto de vista plástico e artístico.

-Valoración do nivel de comprensión e expresión do alumnado conforme aos criterios de avaliación. Na proba de expresión establecer certos parámetros á observar: utilización do vocabulario axeitado, seguridade na expresión das súas ideas,comprensión das posibles cuestións que se lle plantexen.

 

 

URL da proposta

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanpedrovisma/

THE KACHINA DOLLS

 

First session

Presentation: we will look at pictures of Kachina dolls as well as a model and tell the students about the dolls.

Evaluation:  The students will answer several questions about the dolls.  In order to answer the questions, the students will have to listen to a text read by the instructor.

Second session:

The students will begin making their own Kachina dolls using a towel papel roll, paper, ruler, pencil, colored pencils, and other materials to draw and decorate the doll.

Third session:

The students will write a paragraph in which they will have to describe and explain their doll.  They will then read this paragraph in front of the class.

 

 

Easter basket and easter eggs

Fixemos as nosas cestas e pintamos os ovos. Despois saimos ao campo a buscalos.


 

NOVAS ACTIVIDADES DA SECCIÓNS BILINGÜES

JINGLE BREAD COOKIE

Adornamos a árbore do Nadal con un boneco que

representaba un doce típico no Nadal anglosaxón.

CHRISTMAS TREE GARLAND

Tamén adornamos os corredores coas nosas propias árbores.

 

PEACE DAY

Un gran mural con globos e bos desexos.

ST. VALENTINE´S DAY

Tivemos un doce día de San Valentín. Todos

compartimos os nosos bos desexos ese día.

FATHER´S DAY

A nosa tarxeta para o Día do Pai homenaxeou ao campión.

EASTER BASKETS AND EASTER EGGS

Foi un traballo complicado pero chegamos a tempo para celebrar a Pascua dunha maneira nova.

COA AXUDA DE KATRINE

O noso traballo na aula de Plástica de Sección Bilingüe mellorou moito coa axuda de Katrine. Ela apórtanos unha visión nova do mundo e as costumes anglosaxonas e mellora notablemente o noso uso do inglés. Grazas Katrine, estimamos moito a túa presencia.

TRABALLOS DA SECCIÓN BILINGÜE

Como sabedes no noso centro estamos levando a cabo unha sección bilingüe na área de Plástica en 6º A e 6º B. Aquí vos presentamos algúns dos traballos que estamos realizando. Como mestre que imparte esta área creo que a actitude do alumnado cambiou moito dende que empezamos ata agora. Ao principio todo era mostrar dificultades, agora están receptivos e participativos e o ambiente na aula é cada vez mellor.

Esperamos a chegada de Katrine, a nosa axudante de conversa, para o día 2 de decembro. Xa vos iremos contando como resulta a experiencia con ela.

Proxecto seccións bilingües

O centro presentará nestas datas un proxecto de seccións bilingües. A nosa intención é introducir unha hora máis de práctica do inglés en 6º de Primaria. Para conseguilo impartiremos a clase de Plástica en inglés. Este proxecto trata de introducir aos nosos alumnos e alumnas nunha educación bilingë que, como sabedes, xa se produce no IES Rafael Dieste. Esperemos que nola concedan e comezar este reto o curso próximo.

Distribuir contido


by Dr. Radut