Skip to Content

TRABALLOS DA SECCIÓN BILINGÜE

Como sabedes no noso centro estamos levando a cabo unha sección bilingüe na área de Plástica en 6º A e 6º B. Aquí vos presentamos algúns dos traballos que estamos realizando. Como mestre que imparte esta área creo que a actitude do alumnado cambiou moito dende que empezamos ata agora. Ao principio todo era mostrar dificultades, agora están receptivos e participativos e o ambiente na aula é cada vez mellor.

Esperamos a chegada de Katrine, a nosa axudante de conversa, para o día 2 de decembro. Xa vos iremos contando como resulta a experiencia con ela.



page | by Dr. Radut