Skip to Content

Resumo 1º trimestre

Estimadas familias:

Ao longo deste primeiro trimestre insistiremos na procura dun axeitado hábito de traballo e unha actitude positiva para acadar un bo crecemento persoal e académico.

En naturais enriquecerán o vocabulario básico aprendendo de forma moi sinxela, a nomear, localizar e escribir algunhas partes que forman o corpo humano e apreciar a utilidade que estas teñen. Os sentidos. Coñecerán os hábitos saudables e a dieta máis equilibrada para ter unha boa saúde.

En sociais, traballaremos como o paso do tempo leva a cambios nas persoas (idades), aprenderán a nomear e a escribir: os días da semana, os meses e as estacións do ano facendo especial fincapé sobre o momento que están a vivir e as tradicións culturais da zona ( o magosto, o Samaín…)

En matemáticas, operarán con sumas levando e sen levar ata a centena e restas ata a decena (Cálculo). Resolverán problemas cunha soa operación. (Resolución de problemas lóxicos). Ler, escribir, ordenar e localizar nunha recta os números ata 499, coñecer o anterior e posterior dun número, relacionar número-cantidade descompoñendo un número de varias maneiras diferentes: unidades, decenas e centenas( Numeración).

En lingua castelá, traballarán a mecánica e a comprensión lectora, a ortografía (palabras con c/z; j/g, uso da maiúscula), en gramática (coñecerán o abecedario, o xénero e número do nome e o tipo común e propio). Construirán frases sinxelas co vocabulario traballado.

En lingua, a mecánica e a comprensión lectora, a ortografía (palabras con c/z; o gue, o uso da maiúscula), en gramática (coñecerán o abecedario, o xénero e número do nome e o tipo común e propio). Construirán frases sinxelas co vocabulario traballado.

En valores, traballaremos os sentimentos e as emocións.

Un saúdo!




blog | by Dr. Radut