Skip to Content

Blogues

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE EDIXGAL

Premendo na imaxe podedes consultar a información relativa a Edixgal e as condicións de uso dos ordenadores. É moi importante a súa lectura.

Ante calquera dúbida consultar no centro.

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE EDIXGAL

Premendo na imaxe podedes consultar a información relativa a Edixgal e as condicións de uso dos ordenadores. É moi importante a súa lectura.

Ante calquera dúbida consultar no centro.

PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE INFANTIL

abalarMÓBIL. APP para a comunicación familia - escola

 

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida e recibir información do colexio.

¿Que información se pode consultar a través de abalarMóbil? Destacamos as seguintes:

  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as cualificacións do neno ou nena.
  • Recibir mensaxes importantes do centro ou do profesorado.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android).
 
 
Ligazón para a descarga de abalarMóbil en dispositivos Huawei 
 

 

Consulta os titoriais e toda a información en https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil

 

MANUAL BÁSICO PARA AS FAMILIAS PREMENDO AQUÍ (elaborado polo centro)

 

INSCRICIÓN NO COMEDOR E NA ANPA

ANPA As Pedreiras

 

Xa está dispoñible a inscrición no ANPA e o comedor para o curso 2023/24. Podedes facela en liña nas seguintes ligazóns:

  • Comedor

Na web https://jardanaycomedores.es/entrando no nome do noso colexio (CEIP San Pedro de Visma) e usando como usuario visma e como contrasinal comedores2023

 

  • ANPA

Na nosa web, na entrada  https://aspedreiras.com/inscripcion-anpa-2022-2024/ podedes acceder ao formulario para facervos socios. Lembrade que é necesario para manter os servizos do ANPA e acceder aos mesmos.

 

XUNTANZAS INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS 2023/24

 

As datas das xuntanzas do resto dos cursos, así como a información básica para as familias para o primeiro día lectivo será facilitada a través de Abalar e desta páxina web antes do 8 de setembro.

RECOLLIDA DO CHEQUE DE LIBROS E MATERIAL

As familias ás que lles foi concedido o cheque de libros e/ou materia escolar poden recollelo na secretaría do centro ata o 12 de xullo de 10 a 12:30 horas.

No caso de non poder recollelo neste período tamén se poderá facer no mes de setembro.

Pódese autorizar a recollida a unha terceira persoa, para iso esta debe presentar unha fotocopia do DNI e unha autorización como a seguinte:

Don/dona .................................................. con DNI..........., proxenitor/a, titor/a do alumno/a............................  autorizo a Don/dona.............................. con DNI a recollero o cheque de libros e/ou material escolar.

Sinatura da persoa que autoriza.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut