Skip to Content

blogue deadmin

FONDO DE LIBROS: PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo de libros no taboleiro de anuncios do centro.

  • Período de consulta: ata o 10 de xullo, incluído, de 10 a 12:30 horas.
  • Período de reclamación: ata o 10 de xullo, incluído, de 10 a 12:30 horas.

A consulta so poderá facerse de xeito presencial no centro segundo se recolle no artigo 13 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

PUBLICACIÓN RECTIFICACIÓN LISTAXES EMENDA DE SOLICITUDES DE BOLSA COMEDOR CURSO 2023/2024

 

Hoxe 28 de xuño de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, unha rectificación das listaxes de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024. Pódense consultar en:


A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

Amplíase o prazo para a presentación da documentación requirida ata o 12 de xullo, incluído, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DO 3º TRIMESTRE EN ABALAR

A publicación das cualificacións da terceira avaliación a través de Abalar realizarase o 21 de xuño nos seguintes horarios*:

  • 14:00 horas: E. Infantil, 1º e 2º de EP.
  • 15:00 horas: resto de niveis de EP.

*A publicación en horarios diferentes é debida a motivos informáticos.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24

Que prazo?

Do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Que documentación hai que presentar?

  • Impreso para a formalización da matrícula que pode descargarse premendo AQUÍ.
  • Impreso para a actualización de datos AQUÍ.
  • Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Cartilla de vacinación actualizada.
  • DNI do alumno/a (no caso de telo).
  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

Onde presentar a documentación?

Na secretaría do centro.

Onde está María Pita?

María Pita anda agochada pola cidade. Preme na imaxe e atopa a nosa heroína.

1.jpg

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Faise pública a relación de libros de texto para o vindeiro curso académico 2023-24. Preme na ligazón para acceder á información.

LIBROS 1º DE EP

LIBROS 2º DE EP

LIBROS 3º DE EP

LIBROS 4º DE EP

Lembramos que o alumnado de Infantil e o de  5º e 6º de Primaria, por estar dentro do programa E-dixgal da Consellería de Educación, NON emprega libros de texto.

Que sabes da Cidade Vella?

 
 

Praza de María Pita

Parque dos Mariñeiros

Distribuir contido


by Dr. Radut