Skip to Content

blogue deadmin

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2024

 

 

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma vos convidamos a coñecernos. 

Se queredes saber quen somos, que facemos, como entendemos a educación dos nosos nenos e nenas... podedes solicitar unha cita para acudir ás xornadas de portas abertas nas seguintes datas e horarios:

  • Luns 19 de febreiro de 16:30 a 17:00 horas 
  • Xoves 22 de febreiro de 16:00 a 17:30 horas
  • Luns 26 de febreiro de 16:00 a 17:30 horas

FORMULARIO PARA SOLICITUDE DE CITA 

A confirmación de praza na xornada de portar abertas realizarase a través do correo electrónico facilitado no formulario

Podedes facer un precorrido virtual das nosas intalacións premendo AQUÍ

Presentación empregada nas xornadas de portas abertas.

 

 
 
 
Se tendes calquera dúbida ou consulta contactade con nós.
 
Teléfono881960787
Correo electónicoceip.sanpedro.visma@edu.xunta.gal
 

ENTROIDO 2024

Este entroido Visma ben parecía un museo. 

Preme na imaxe para ver como o pasamos.

TARDES DE HORTO EN FAMILIA

DÍA DA PAZ 2024

MANDADIÑOS DO MECO 2024

TEMOS NOVO MOBILIARIO NO PATIO

Hoxe estreamos novo mobiliario no noso patio grazas á Fundación Érguete  @funderguete e ao alumnado do @cifp_paseodaspontes e do CEE Nosa Señora de Lourdes de @aspronaga encargados da súa instalación.

Contamos con dous bancos na zona verde que de seguro nos darán moitas posibilidades de uso e disfrute.

E tamén instalaron unhas àrbores decorativas na zona de E.Infantil e casiñas de paxaros que darán moito xogo, especialmente aos máis pequenos!

FINALISTAS DO RETO "FAIME RIR, 2024"

 

En Visma somos ben chistosos. Mirade que ben o fan as nosas e os nosos finalistas.

  •  Infantil

Iria de 6º EI B

Noa de 5º EI A

Maia e Lúa de 6º INF A

  • 1º ciclo de Primaria

Iván 2ºA

Nuno 1ºB

Valeria 2ºA

  • 2º ciclo de Primaria

Argentina 4ºB

Helena 4ºB

Enma 4ºA

  • 3º ciclo de Primaria

Pedro 6ºA 

Manuela 5ºA

Pablo 5ºB

FELICES FESTAS

Toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma quere desexarvos unhas moi felices festas e un próspero aninovo a través da interpretación desta panxoliña, "Festexando o Nadal", que fixemos con tanto cariño e paixón. Dándolle un click á imaxe, podedes ver o resultado do noso traballo.

¡¡Agardamos que o 2024 veña cargado de momentos moi felices para todos e todas!! 

 

 

 

VISITANDO AOS NOSOS MAIORES

Estes días estivemos visitando os centros de maiores do noso barrio. Con toda a ilusión do mundo fomos ata a residencia Padre Rubinos a ao centro de día "La Hera", para cantarlles unhas panxoliñas que levamos ensaiando desde setembro.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para nós e para eles á vez que femosa

Preme na imaxe.

 

PANXOLIÑA EN LINGUA DE SIGNOS

Luisa e Paula, as compañerias intérpretes en lingua de signos, fixeron esta marabillosa panxoliña para felicitar as festas a toda a comunidade educactiva de San Pedro de Visma.

Un gran traballo, cheo de inclusión e igualdade.

Preme na imaxe para velo.

 

  

 
Distribuir contido


by Dr. Radut