Proxecto MIS+
Proxecto MIS+: A figura de Carmén López Cortón
Enviado por admin o Sáb, 26/10/2019 - 12:25Da man de Luisa (mestra no noso colexio durante moitos anos) coñecemos dunha forma moi orixinal e amena a figura dunha da precursoras da incorporación da muller á educación superior, Carmen López Cortón.
A través dun kamishibai contounos: a historia dos bonobos con lentes, co que comprendemos a importancia de incidir na igualdade entre homes e mulleres, reforzando a mensaxe da necesidade de colaboración familiar, a eliminación dos roles preestablecidos na repartición de tarefas e da igualdade no acceso á educación para todos e todas.
PROXECTO MIS+: VISITA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL AO CENTRO
Enviado por admin o Ven, 18/10/2019 - 23:29Para comezar o proxecto MIS+ (Máis que un museo da Igualdade en Sada y sus Contornos) recibimos a visita de Andrea e Margarita, dúas representantes de Amnistía Internacional coas que realizamos un taller de prevención e internalización da problemática de xénero. O obxectivo era fomentar o pensamento crítico, a reflexión sobre os seus propios valores e actitudes e, en definitiva, que a modificación de a súa conduta sexa de utilidade para previr os abusos contra os dereitos humanos, combater a discriminación, promover a igualdade e fomentar a participación desde temperá idade, con actos pequenos e cotiáns cara a unha sociedade máis xusta. Prestando especial atención a:
•Discriminación e violencia contra as mulleres.
•Estereotipos; orixes da discriminación.
O tratamento transversal desta problemática, ten como meta que o alumnado comprenda e asuma como natural, a través da propia práctica, que a igualdade de xénero é un dereito humano, comprometéndose na súa consecución.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes deste día.
5º e 6º de EP 3º e 4º de EP EI, 1º e 2º de EP
