Proxecto MIS+: A figura de Carmén López Cortón

Da man de Luisa (mestra no noso colexio durante moitos anos) coñecemos dunha forma moi orixinal e amena a figura dunha da precursoras da incorporación da muller á educación superior, Carmen López  Cortón. 

A través dun   kamishibai contounos: a historia dos  bonobos con lentes, co que comprendemos a importancia de incidir na igualdade entre homes e mulleres,   reforzando a mensaxe da necesidade de colaboración familiar, a eliminación dos roles preestablecidos na repartición de tarefas e da igualdade no acceso á educación para todos e todas.