Skip to Content

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MES DE SETEMBRO

  Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de setembro.

LISTA MATERIAL PRIMARIA 2024/2025

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS CURSO 24/25

LISTADO DE LIBROS 2024-2025

Nos documentos adxuntos podedes atopar o listado de libros de texto para o alumnado da etapa de Educación Primaria  e de Educación Infantil para o curso 2024-2025. Adxúntase tamén a lista de material para a etapa de Educación Infantil. A lista de material para o alumnado de Educación Primaria proporcionarase en setembro.

 

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Prazo entre o 20-30 de xuño

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición no colexio.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller no colexio).

- Informe médico.

- 2 Fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia do dni do alumno (se o ten) e de ambos proxenitores.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso

 

TORTÍN 23-24

MENÚ ESCOLAR DO MES DE XUÑO

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de xuño.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

No DOG do 20 de maio de 2024, saiu publicada a Orde do 7 de maio de 2024  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.

 

Poderase solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de E.P.

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado de 1º e 2º de E.Primaria.

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria.

 

NORMAS

- O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño.

- So se presentará unha única solicitude para todos os fillos admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025 (en caso de presentar a solicitude de xeito presencial).

-As solicitudes podranse presentar dos seguintes xeitos:

  • Cubrindo os Anexos I e II e presentándoos no centro.
  • Presentando as solicitudes directamenta na Sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)

- Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.

- Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde cosnte a atribución da custodia do/a menor.

- Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MES DE MAIO

  Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de maio.

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MES DE ABRIL

  Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de abril.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut