CONSULTA DA AVALIACIÓN DOS ALUNNOS E ALUMNAS
Estimadas familias!
Dicirvos que a partires das 12:00h do 1 de abril do 2020 poderedes consular as cualificacións dos vosos fillos e fillas coa aplicación Abalar Móbil.
As cualificacións desta 2ª avaliación puxéronse cos datos que os mestres e as mestras tiñamos ate que se decretou o estado de alarma.
Comentarvos que todos os contidos traballados a partires do 16 de marzo NON son avaliables, segundo as Instrucións recibidas pola Consellería de Educación.
Para facer a consulta, deberedes facer os seguintes pasos:
1º Ter descargada a aplicación Abalar Móbil e darvos de alta.
2º Entrar no espazo dedicado ao voso fillo de consulta.
3º Pinchar en Datos Académicos, e aí poderedes ver as notas das distintas avaliacións.
Espero que non teñades dificultades.
Pedirvos que, si sodes quen, corrades a voz, para que tódalas familias saiban que estamos a seguir este medio para facer públicas non só as cualificacións, senón notas informativas, avisos,...
So me queda desexar que todo pase rápido para poder vernos pronto na tan ansiada normalidade.
Coidádevos moito!