Skip to Content

DESPEDIDA DO CURSO

FESTA DE FIN DE CURSO

 FESTA DE FIN DE CURSO 

   Como de costume, este ano fixemos a xa coñecida festa de fin de curso, onde nenos e nenas, mestres e mestras así como pais, nais, avos... estivemos comendo e desfrutando do último día de curso.

   Dar as grazas a colaboración económica aportada tanto polo Anpa do colexio como do Concello, para poder realizar estes encontros tan bonitos onde todos e todas desfrutamos.

   A continuación unha pequena mostra de ese día.

   Agardamos que vos guste.

 

 

 EXCURSIÓN EN TREN COMO REMATE DE FIN DE CURSO

 

   Este ano, como remate de fin de curso fixemos unha excursión en tren ata Viveiro.

   Dicir que os nenos e nenas o pasaron moi ben, pois algúns nunca montaran en tren e outros xa o esqueceran.

   Unha vez que chegamos a Viveiro, subimos ao mirador de San Roque, onde comimos e pasamos unha tarde marabillosa.

   A continuación podedes ver o ben que o pasamos.  

   Agardamos que vos guste!...

 

  

BONITAS LEMBRANZAS 

  Contentos de comezar a facer uso da web do centro, gustaríanos pórvos bonitas lembranzas pertencentes a anos anteriores, xa que este ano 2018-2019 foi cando creamos a páxina non puidendo deixar constancia de distintas actividades e bos momentos compartidos.

   A continuación deixámosvos unha fermosas imaxes de bonitas lembranzas para nós.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut