Estimadas familias,
O PRAZO DE SOLICITUDE É DO 1 AO 21 DE MARZO
PROCEDEMENTO:
IMPRESO DE SOLICITUDE (modelo ED550B) DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO E ASINADO POLOS DOUS PROXENITORES. PÓDESE CUBRIR NO CENTRO, DESCARGALO AQUÍ, OU BEN A TRAVÉS DA APLICACIÓN ADMISIÓNALUMNADO (seguindo os seguintes pasos: Solicitudes>Admisión>Crear)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
1. Fotocopia do libro de familia
2. Fotocopia dos DNIs:
- do alumno (se o ten)
- de ambos os dous proxenitores
3. Copia do Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.
NORMATIVA
O proceso de admisión do alumnado para o curso 2022-2023 ven regulado na seguinte normativa:
-
Decreto 12/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
-
ORDE do 18 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.