Skip to Content

COLABORACIÒNS DO ALUMNADO

HOMENAXE AOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS OS FERREIROS E FERREIRAS DE RIOTORTO

CALENDARIO PARA RENDER UNHA HOMENAXE A FAVOR DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS OS FERREIROS DE RIOTORTO

 

   Este curso 2019-2020, os alumnos e alumnas do centro, guiados polos mestres e mestras que colaboran no plan proxecta, adicarán o seu traballo ao estudo da profesión de ferreiros.

   Todo o proxecto que reflexa o traballo realizado polos nenos e nenas xunto cos mestres e mestras poderá visualizarse a finais de curso no apartado do Plan Proxecta nesta web a finais de curso.

   Entre algunha das actividades realizadas no proxecto, atópase a elaboración dun calendario honorífico coa intención de homenaxear aos nosos veciños e veciñas ferreiros e ferreiras que participaron con nós e non dudaron de compartir as súas experiencias e coñecementos cos nosos nenos e nenas.

   MOITAS GRAZAS pola vosa entrega.

   A continuación podedes ver unha pequena mostra do traballo que estamos a facer dende o colexio.

   Agardamos que vos guste!

 

 

AXUDAMOS AO VOLCÁN DA PALMA

O volcán da Palma fixo tremer os corazóns de todos nós, e como non, tamén o das nenas e nenos do noso colexio.
Para solidarizarnos con todos os nenos que están a vivir unha tan difícil situación, quixemos enviar o noso apoio a través de debuxos e cartas con fermosas e esperanzadoras mensaxes.
Seguro que a sensibilidade e ilusión das nosas nenas e nenos, despertará miles de sorrisos nos seus compañeiros da Palma cando estas cartas cheguen ás súas mans.

IV CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NO IV CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ

Como ben sendo habitual, os nosos nenos e nenas participaron no IV certame de debuxo e poesía Avelino Díaz, convocado polo Concello de Meira e Riotorto en colaboración coa Asociación Cultural Avelino Díaz.

Dicir que este ano, os traballos dos nosos nenos e nenas gustaron moito , e tivemos a gran sorte de ter cinco alumnos e alumnas premiados, enchéndonos de orgullo e satisfacción.

Queremos darvos PARABÉNS polo voso traballo, non so os que obtivestes o premio senón a todos e a todas os que participastedes ao igual que aqueles titores que supervisaron o voso traballo. NORABOA CAMPEÓNS!

A continuación podedes ver a mostra dos traballos premiados.

CHEGOU A PASCUA AO CEIP DE RIOTORTO

PASCUA NO CEIP DE RIOTORTO

 

Este ano,  a Anpa do colexio agasallou a tódolos nenos e nenas cun ovo de Pascua.

Dende o centro, tódolos mestres e mestras xunto co alumnado queremos agradecer públicamente o agasallo realizado, ademáis de agradecer o donativo realizado para mercar material para E. F.

CALENDARIO NA HONRA DE AVELINO DÍAZ

TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS PARA COLABORAR NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO NA HONRA DO NOSO VECIÑO E ESCRITOR AVELINO DÍAZ

En colaboración coa Asociación Avelino Díaz de Meira, os nosos alumnos e alumnas coa súa gran creatividade, fixeron os debuxos que logo se empregarían para facer as distintas páxinas do calendario de mesa que dita Asociación elaboraría e editaría, doando máis de cen unidades ao noso centro. Para saber máis prema aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut