PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NO IV CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ
Como ben sendo habitual, os nosos nenos e nenas participaron no IV certame de debuxo e poesía Avelino Díaz, convocado polo Concello de Meira e Riotorto en colaboración coa Asociación Cultural Avelino Díaz.
Dicir que este ano, os traballos dos nosos nenos e nenas gustaron moito , e tivemos a gran sorte de ter cinco alumnos e alumnas premiados, enchéndonos de orgullo e satisfacción.
Queremos darvos PARABÉNS polo voso traballo, non so os que obtivestes o premio senón a todos e a todas os que participastedes ao igual que aqueles titores que supervisaron o voso traballo. NORABOA CAMPEÓNS!
A continuación podedes ver a mostra dos traballos premiados.
CATEGORIA "A" DE 3 A 8 ANOS (Debuxos)
1º PREMIO
AUTOR: Hugo Campos Nogueira, co traballo: "Guerra na granxa". 4º de E.I.
3º PREMIO
AUTORA: Antía Peña García, co traballo: "A nena da estrada". 4º de E.I.
ACCESIT: Mara Campos Nogueira, co traballo: "O meu pobo". 1º de E.P
CATEGORIA "B" DE 9 A 12 ANOS (Poesía)
1º PREMIO
AUTORA: Ana Hernández Martínez , co traballo: "Tan rápido?". 6º de E.P.
2º PREMIO
AUTOR: Mateo Gesto Gil , co traballo: "Lembrando a nosa Terra". 4º de E.P.