Skip to Content

O ENTROIDO

ENTROIDO

                                                         

Entroido 2020

Aquí tedes un pequeno recordo do entroido deste ano 2020. Esperamos que vos guste. 

Feliz entroido!

 

INFORMACIÓN ACERCA DO ENTROIDO.

 

ENTROIDO 2019-2020

Estimadas familias:

Mañá venres 21 de febreiro terá lugar o festexo do entroido do centro.

Como ben sabedes as familias a través dos vosos fillos e fillas, este ano iremos de ferreiros E.P. dado a que o PLAN PROXECTA, este curso xira en torno a esa temática e  de SEMÁFAROS, os alumnos e alumnas de E.I., temática elixida pola mestre titora.

Os nenos e nenas virán vestidos con camiseta e pantalón escuro, preferentemente negro.

ENTROIDO EN RIOTORTO

ENTROIDO 2018-2019

 

   Este ano os alumnos e alumnas de Riotorto así como os mestres e mestras decidiron encher a praza do Concello con personaxes de contos e colorido.

   Para celebrar o entroido fixemos o xa acostumado percorrido pola praza cantando o noso propio rap, creado na hora de comedor, coa colaboración do mestre de música e todos e todas cantas estamos participando no servizo de comedor. MOITAS GRAZAS!

   A continuación deíxovos un breve resumo dos diferentes traxes que foron elaborados grazas a dirección de Manuela, toda unha experta no diseño. GRAZAS MANUELA!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut