Skip to Content

O recuncho de 5º EP

RELATORIO SOBRE O TEI

Un alumno de 5ºA e unha alumna de 5ºB fomos, o pasado venres 5 de maio, a unhas "Xornadas de Equipos  Directivos" que se celebraron no Pazo de Mariñán. Explicámoslles como funciona o TEI no noso cole.

A nós pareceunos unha moi boa experiencia.

(Premer na imaxe para vela en tamaño orixinal).

                              Luna López e Miguel Trillo

                              5ºB           5ºA

OBRADOIRO E CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

O alumnado de 5º e 6º do obradoiro de ROBÓTICA participamos, en A Coruña, no concurso da Fundación Barrié e Igaciencia "La magia de la robótica".

Leváronnos Viví e Genoveva. Alí aprendemos a programar un robot  utilizando un programa diferente ao que coñecemos. Foi a Televisión de Galicia e entrevistaron a algúns nenos.

PASÁMOLO XENIAL!

XURXO,  MARCELO e LAURA - 5ºB

BAILANDO CON ROSIÑA

Invitámosvos a ver o seguinte vídeo no que nos veredes, ao alumnado de 5º e 6º, tocando con instrumentos a canción de Carlos Núñez "Bailando con Rosiña".

Divertímonos moito. Utilizamos caixas chinesas, claves, pandeiros, pandeiretas e triángulos.

Marta, Elisa e Daniela. 5ºA

 

ESENGRA - 5ºEP

Sabedes a onde fomos o martes 4 de abril?

Pois á ESENGRA, na GRAÑA, a divertirnos un pouco. Primeiro leváronnos á aula de hostalería, alí dividímosnos en dous grupos.

Cando estabamos nas cociñas explicáronnos os ingredientes das galletas e os "cupcakes" e logo puxémonos mans á obra.

Decorámolas con lacasitos, fideos de cores e xarope de fresa.

Sabedes que? Estaban riquísimos!!

Despois fomos ao  simulador do barco, vimos como montaban un bote salvavidas inchable e como  facer un nó mariñeiro.

Daniela, Carlota, Marta. 5ºA

TOCANDO INSTRUMENTOS

OS NENOS/AS DE 5ºB:

Fixemos unha canción cos seguintes instrumentos: claves, caixa chinesa, pandeiro, triángulos e pandeireta.

No grupo dos triángulos: Maxi, Cristian, Yago e Yanira

No grupo das caixas chinesas: Isolina, Lola, Sara, Yanira e Laura.

No grupo das claves: Luna, Bruno e Leo.

No grupo dos pandeiros: Xurxo, Marco e Mario.

No grupo das pandeiretas: Marcelo e Joel.

 

A partitura era gráfica, con debuxos. Moito máis doado.

  Luna, Isolina, Laura e Lola. 5ºB

 

E PASÁMOLO XENIAL!

Esta actividade tamén a levaron a cabo os nosos compañeiros/as de 5ºA. Premer nas imaxes para velas a tamaño orixinal.

   

ROBÓTICA 2.0

No seguinte vídeo:

Veredes como o alumnado do curso de robótica (5º e 6º) facemos un circuíto para os robots. Parece sinxelo pero non o é tanto, hai que ter moita precisión á hora de medir, (cada robot,  por cada vez que se lle dá ao botón de avanzar, móvese 10 centímetros cara adiante) e se se pasa tira toda o valado.

Vós que pensades? Tirará ou non tirará o valo?

 MIGUEL TRILLO VALEIRO 5ºA

 

 

PANGEA

O alumnado de 5º e 6º de primaria estamos a participar en PANGEA, un concurso matemático que consiste en varias fases.

A primeira fase consistiu en 20 exercicios con distintas dificultades que se medían con estrelas, cantas máis estrelas pintadas máis dificultade. Se respondes un exercicio mal son 0 puntos pero, se o deixas sen contestar será 1 punto. Tiñamos distintas opcións: A, B, C, D, E.

Nós só fixemos a primeira fase e se a aprobamos pasamos á segunda. Se non conseguimos superala quedamos eliminados do concurso.

Pasaremos? Iso vai depender dos puntos, se os conseguimos todos participaremos na seguinte fase que consistirá noutra proba con distintos problemas. 

Se queredes máis información podedes visitar a páxina de Pangea premendo na seguinte imaxe.

 

Pangea é un concurso impresionante! O mellor concurso de matemáticas de España!

 Lola, Luna, Pablo e Joel. (5ºB)

COAS MANS ... NOS GORROS - 5ºA

Este ano o tema do Entroido é o do os oficios.

Algúns irán de cociñeiros, outros de policías, de bombeiros, nós de panadeiros, etc.

Se facedes clic na imaxe veredes unhas fotos nosas facendo os gorros dos nosos disfraces.

 Alba e Daniela, 5ºA

ROBÓTICA

Benvidos ao espazo de Quinto!!!!

Para empezar dicirvos que algúns alumnos/as de 5º e 6º estamo participando nun obradoiro de robótica!!! Estamos aprendendo a programar e a facer circuítos. O que a min me parece máis divertido é facer circuítos: cos cables, zumbadores, luceciñas... É moi divertido!!!!!!!

E programar, non o é menos. Na galería da páxina web imos ir publicando fotos.

Miguel Trillo Valeiro, 5ºA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut