Skip to Content

O recuncho de 5º EP

ACTIVIDAD TEI

 Os de 5º vimos un vídeo no que un neno roubou nunha tenda medicinas para a súa nai e a muller da tenda chamoulle a atención e un señor doutra tenda lle pagou as dúas aspirinas.

 30 anos depois o señor que lle pagou as dúas aspirinas desmaiouse e a filla levouno ao médico, e resultou que a operación custaba moitos cartos que eles non tiñan. O médico é o neno de hai 30 anos e dille á filla do señor que xa está pagada a operación coas dúas aspirinas de hai 30 anos.

Este é o enlace ás fotos na galería, para que descargues unha ou máis fotos para acompañar o texto: Act. titoría_inclusión EP

Alicia 5ºA

EXCURSIÓN AO MUSEO DO HUMOR E EDUCACIÓN VIARIA (FENE) - 5º EP

O mércores 20 de marzo fomos ao Museo do Humor e a un sitio de educación viaria en Fene.

Comecemos polo Museo do Humor. Había uns espellos que te facían máis alto/a, máis baixo/a, máis anano/a ou ter uns pés enormes.

Despois vimos unhas imaxes de cómics galegos de humor, algúns eran demasiado graciosos!

Tamén había unha sala chea de caras de persoas famosas deformadas, outra sala de humor negro con luces ultravioletas e ás persoas que trouxeran roupa branca se lles iluminaba.

O sitio de educación viaria tamén estivo xenial. Aprendemos unhas cantas sinais, unhas regras básicas e conducimos uns coches tamén xeniais. Dous homes facían de policías e cada vez que saltabamos unha regra poñían unha multa.

En resumen a excursión foi un éxito!

 

ALICIA, 5ºA

Fotos no álbum da galería: Ed. Viaria / Museo Humor

PARTIDO DO PARRULO

O pasado 16 de febreiro fomos invitados a ver un partido do Parrulo contra Vila Albali Valdepeñas. Fomos alumnado de 4º, 5º e 6º. Nós pasámolo moi ben aínda que houbo mala sorte e perderon 2-4, non obstante fixérono moi ben. Nós encargabamonos de animalos moito. O que máis nos gustou foi a remontada que fixeron cando ían perdendo 0-2. 


Moitas grazas aos do Parrulo por invitarnos a ver o partido!

Manuel P. e Nerea (5ºA)

XOGOS COS NOSOS TITORIZADOS (TEI)

O luns 11 de febrero fixemos uns xogos cos alumnos de 3ºB.

Xogamos ao baloncesto, á indiaca, á diana e ao ultimate, que é un xogo de frisbi.

Ao final, preguntáronos cal foi o que máis nos gustou... e houbo de todos os gustos:

- Prefiro ultimate! -dixeron algúns.

- Eu quero baloncesto! -dixeron outros.

Foi moi divertido!

 

                                                      

HUGO e YERMA (5ºA)

VISITA DO PARRULO

O mércores 6 de febreiro o equipo de fútbol sala de primeira división, "O Parrulo", visitounos no colexio. Pasámolo moi ben e fixemos moitos xogos. Despois botamos un partido moi divertido cos xogadores do equipo. Tamén fixeron un par de preguntas e aos dous nenos/as que contestamos ben déronnos unha bufanda (a min) é unha camiseta (á miña compañeira). Ao final o equipo invitounos a ver un partido a semana que ven na MALATA gratis. Resumindo, PASÁMOLO XENIAL!

Premer na imaxe para ver as fotos publicadas na galería por Gema e Yumalay.

 

Manuel P., Samanta (5º)

DÍA DA PAZ 2019

O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixemos mans nas que dentro escribimos palabras: paz, amor, etc. Puxemos esas mans nun mural que está exposto na entrada do colexio.

Outras mans, recortadas en cartolina de cores, están pegadas nunhas bólas colgadas do teito.

Enlace ao álbum da galería: Día Paz 2019.

Tamén lemos un Recinova sobre Rigoberta Menchú Tum.

Desiré, Adrián, Gema, Yaneisi, Yumalay (5º)

TARZAN (OBRA DE TEATRO EN INGLÉS)

O  venres 18 de xaneiro os alumnos/as de 5º fixemos unha  excursión moi chula: vimos unha obra de teatro en inglés (Tarzan). Rimos moito porque os personaxes eran moi divertidos.

Como eran solo dous actores elixiron nenos/as do público para interpretar os tres personaxes que faltaban e... fixérono moi ben!

Podedes ver os nosos debuxos no álbum da galería:

English play: Tarzan (Y5)

ou tamén premendo na imaxe anterior.

 Claudia, 5º A

ACTIVIDADE TEI: VÍDEOS

O alumnado de 5ºA e o de 3ºB vimos uns vídeos.

Un deles era dun coello e un mago. O coello quería comer unha cenoria. O mago só pensaba nel mesmo, entón o coello atrapábao nos trucos de maxia. Ata un momento en que o mago estaba en perigo e o coello salvouno, e grazas ao coello el fíxose máis famoso. O mago deulle ao final a cenoria.

Outro era dun neno que estaba xogando coa consola e a nai regaloulle un can, o neno colleu o can e viu que non tiña perna e tirouno ao chan. Despois deulle pena e saiu co seu can fóra pero primeiro colleu as súas muletas porque a el tamén lle faltaba unha perna.

E ó último é o dunha nena chamada María que xogaba cun neno que non se podía mover todos os días. Un día o neno púxose enfermo e María bailou con el. Ao día seguinte o neno morreu. María púxose moi triste e de maior aínda levaba un recordo del.

ALICIA (5ºA)

AS NOSAS POSTAIS

O día 10 de decembro estabamos moi contentos porque era o día de entregar as postais aos nenos/as de 5ºB. A min tocoume darlla a YASMINE e a NEREA pero sabedes quen ma deu a min? NICOLAU. Foi moi divertido pero o que máis me gustou foi facelas.

Sabedes cal foi a que me gustou mais? Foi a de David.

Premer na imaxe para acceder ás fotos do intercambio de postais en EI e 4º EP.

 CLAUDIA-5ºA

AS XOGADORAS DE BAXI FERROL

O mércores 5 de decembro viñeron as xogadoras do Baxi Ferrol ao noso colexio. Os de 5º e 6º estivemos xogando con elas. Dividíronnos en catro grupos: 5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB.

Nós, os de 5ºA, empezamos a xogar a un "pilla pilla" con balóns de baloncesto. Os que tiñamos os balóns tivemos que pillar aos que non os tiñan. Se os pillabamos dabámoslles o balón  e nós  escapabamos deles para que non nos pillaran.

Logo fixemos outro xogo, para o que formamos dous equipos. O xogo consistía en  chegar  á portería pasándonos o balón por enriba da cabeza á persoa que estaba detrás, a continuación  fixémolo desde a portería ata a metade do campo de fútbol, pero pasando o balón  por abaixo. O xogo finalizaba cando chegabamos ata a portería pasándonos o balón polo lado dereito.

O seguinte xogo foi na cancha de baloncesto, un xogo super divertido. Ao final de todo as xogadoras firmáronos  e invitáronos aos de 5º e 6º ao partido que van  xogar contra un equipo de Zaragoza o 22 de decembro.

Foi moi divertido todo!!!!!

(NEREA, 5ºA)

Distribuir contido


by Dr. Radut