Skip to Content

EP Curso 2018-19

RECIBÓTICA 2020

 

O sábado 15 de febreiro, participamos na FIRST LEGO LEAGUE no Auditorio de Ferrol.

Este ano o equipo de  RECIBÓTICA estivo representado por: Nerea, Hugo, Manu, Alicia, Junshan, Nis, Emma, Alba, Anxo e Héctor; e axudados polos seus adestradores Antía e Fran.

Cando chegamos alí había moitos equipos, de maiores e pequenos.

Fixemos o XOGO DO ROBOT, expuxemos o noso PROXECTO dun ascensor para o noso cole e ensinamos o noso póster de VALORES. Ademais vimos traballos doutros equipos, fixemos moitos amigos e amigas, divertímonos e pasamos moitos nervios. E quedamos nun moi bo posto.

 

Enlace á noticia publicada no Diario de Ferrol.       

NESRINE E EMMA DE 5ºB

DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 6º EP

ALVARELLA - 6ºEP 2019

Os días 29, 30 e 31 fomos a Alvarella.

O primeiro día fixemos unha andaina de 5 horas e 12 quilómetros e cando chegamos, grazas aos monitores e profesores, puidemos ir á piscina.

O segundo día fixemos rocódromo, despois fomos á piscina e por último tiro con arco. Máis preto da noite estampamos unhas camisetas.

O terceiro día fixemos piragüismo e bañámonos na praia de Cabanas.

Polas noites, antes de durmir, faciamos unha velada e a última noite faláronnos das estrelas e contáronnos unha historia.

Pasámolo moi ben!

 Enlace ás fotos premendo na seguinte imaxe:

                                              Daniela, Rita e Lía   (6ºA)

AQUACIENCIA 1º EP

 

 

 

29 de maio:

Visita do alumnado de 1º EP a Aquaciencia, xardín temático sobre a auga situado no Parque Raíña Sofía.

 

 

FEIRA INNOVA 2019

Participación de alumnado do CEIP Recimil nos obradoiros de disfraces de robots na feira Innova Galicia 2019 no Gaiás en Santiago, cun taboleiro de xadrez e os robots como pezas de xogo.

EDUCACIÓN VIARIA E MUSEO DO HUMOR (FENE)

Sabedes o que fixemos o día 26 de abril?

Fomos de excursión ao Museo do Humor de Fene e tamén fixemos unha visita ao centro de Educación Viaria... Asistimos a esa visita os nenos e nenas de 4º e de 6º. (Anteriormente xa a fixeran os de 5º).

Sandra, Yoli e máis Vicente dixeron que a visita fora do máis agradable no centro de Educación Vial.

No Museo do Humor merendamos e o primeiro que vimos foi ao "Galego Das Escaleiras". Despois vimos uns espellos no que nos reflectiamos de diferentes maneiras: Había un no que nos viamos moi altos e moi delgados, outro no que viamos os nosos pés enormes...

Pero o que máis nos chamou a atención (polo menos a nós) foi a sala do "humor negro" e a dos "Premios Curuxa".

"O humor negro" era unha sala onde había caricaturas e tamén unhas lámpadas de raios ultravioletas que facían que a roupa branca e a fosforita brillaran esaxeradamente.

"Os premios curuxa" son uns premios que se entregan unha vez ao ano ao gañador dun concurso de debuxo no museo do humor...

Nós pasámolo moi ben, foi unha experiencia moi divertida!!!

                                                     Noemi e Daniela, 6ºA

1º EP: VISITA MUSEO HISTORIA NATURAL

Visita realizada o mércores 13 de marzo de 2019.

Enlace ao álbum da galería: MHN 1ºEP.

Enlace ao sitio web do Museo de Historia Natural.

PARQUE EDUCACIÓN VIARIA E MUSEO DO HUMOR (FENE)

O mércores 27 de marzo os nenos/as de 6º e 5º de EI viaxaron a Fene onde visitaron o Parque de Educación Viaria e o Museo do Humor.

 

O mércores anterior (20 de marzo) xa fixeran tamén esta visita os alumnos/as de 5º EP.

PARTICIPACIÓN EN "EDUGAL".

Do 27 de febreiro ao 1 de marzo celebrouse en Pontevedra o 8º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia "Edugal". Un dos centros educativos participantes foi o CIFP Ferrolterra co seu proxecto de "Hospital de robots" e con eles, o xoves 28, compartiron stand un grupo de alumnado de 4º, 5º e 6º do noso colexio acompañados da directora e da profesora de robótica.

Enlace á noticia publicada no Diario de Ferrol o 1 de marzo.

Premer na seguinte imaxe ou no enlace ao álbum: "Edugal (alumnado robótica)" para ver as fotos.

VISITA DUN CAPITÁN DE BARCO EN 2º EP

O xoves 14 acudiu ás aulas de 2° do noso cole o capitán Javi. El explicounos o que facía no seu traballo como capitán dun barco pesqueiro. 

Vimos fotos da ponte do barco, do timón e o sonar, a e da grúa que dirixe a rede para subir as capturas de atúns. Tamén vimos un vídeo de como se recolle a rede para meter o peixe a bordo. Ademais tróuxonos varias sorpresas: corais, o nariz dun peixe espada, a boca dun tiburón e unha gran caracola coa que escoitamos o son do mar. 

Por último, coñecemos a Jagger, o can pirata, que viaxa a bordo deste pesqueiro surcando os sete mares. 

Pasámolo xenial!

Premer na imaxe para ver as fotos ou neste enlace:

Visita capitán de barco (2ºEP).

Distribuir contido


by Dr. Radut