Pouco antes de rematar as clases, o entrenador do Racing Infantil visitou ao alumnado de 3º EP.
Premer na imaxe para vela a maior tamaño.
Premendo na imaxe superior accédese ao álbum da galería: Xogadores_Racing. O xoves, 22 de marzo, recibimos no noso cole a visita de Fran Sota, Aitor Arregui e Abel Suárez, xogadores do Racing de Ferrol que viñeron acompañados do "mánager", Gerardo Molina. Actividade organizada pola Fundación Racing Club Ferrol (enlacé a noticia publicada na páxina do club).
Os nenos/as de 3º a 6º tiveron a oportunidade de facerlles preguntas e tamén de que lles asinaran un autógrafo: en libretas, follas de papel co debuxo do escudo do club, en camisetas, estoxos e mesmo nun balón.
Os xogadores tamén entregaron invitacións para o partido do 25 de marzo que tivo lugar na Malata.
Venres 9 de marzo: saída do alumnado de 3º EP á Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) para participar na actividade "PIRÁMIDE ALIMENTARIA".
Fotos publicadas no álbum da galería: AEU 3EP
Premer na seguinte imaxe para ver fotos publicadas no álbum da galería SGHN_2EP
O domingo 28 de xaneiro xogou o Racing contra o Talavera no estadio da Malata. Un grupo de 23 alumnos/as de 4º a 6º de EP e dúas profesoras foron invitados/as a ver o partido desde o palco de autoridades. Durante o descanso lles tiñan preparadas unhas bebidas e algo de comer.
O alumnado de Recimil non escatimou forzas en animar todo o posible ao equipo ferrolán pero finalmente o partido rematou en 0-3.
Algúns nenos/as lamentaron que desta vez non se lles permitira ver aos xogadores e sacar unha foto con eles pero aínda así pasaron unha boa tarde.
O alumnado de 3º e 4º asistimos neste mes de xaneiro á aula que a Sociedade Galega de Historia Natural ten en Mougá. Dous amables profesores, Paulino e José, déronnos unhas interesantísimas leccións de Astronomía.
Mágoa que o ceo estivese nubrado eses días e non puidésemos ver os astros a través dun telescopio que nos tiñan preparado, pero vimos nunha pantalla as estrelas, entre elas o Sol, que por certo, para a nosa sorpresa está entre as máis pequenas!! Comparamos os seus tamaños e cores. Vimos constelacións, entre outras moitas a Osa Maior e a Osa Menor e tamén a Vía Láctea que é a nosa galaxia.
Soubemos que o signo do zodíaco que temos corresponde ao nome dunha constelación pola que pasaba o sol o día en que nacimos.
O que nos chamou moito a atención foron os “buratos negros”, son como unha bóla chea de materias e con moitísima forza de atracción que absorben todo o que se lle achega, se pasásemos ao seu carón quedariamos alí atrapados.
Encantounos todo o que nos ensinaron.
Ao saír, vimos un anaquiño á Lúa entre nubes, asomou como se quixera saudarnos; Paulino sinalouna cun punteiro láser que mesmo parecía que chegaba a tocala. Tamén vimos desde fóra a contaminación lumínica de Ferrol e de A Coruña.
Paulino e José non se cansaron de repetirnos que debemos coidar moito, pero moito, o noso planeta Terra, no que nos tocou vivir e que o temos que deixar moi san para as xeracións vindeiras.
MOITAS GRAZAS A ESTES DOUS SIMPÁTICOS PROFESORES QUE NOS ENSINARON TANTAS COUSAS INTERESANTES SOBRE O UNIVERSO!!!!
O pasado 5 de decembro o alumnado de 3º e 4º de primaria fomos ao Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) de A Coruña.
Déronnos a benvida dous robots moi simpáticos: Pepexán e Marilú.
Percorremos varias salas facendo xogos para ter que fixarnos e adiviñar detalles de como foron evolucionando obxectos da nosa vida cotiá: teléfonos, televisores , ordenadores. Que grande foi o primeiro ordenador!!!!!!
Observamos con sorpresa o panel de Ángela Ruíz Robles, mestra e directora do noso colexio a mediados do século pasado e á que temos dedicada unha placa na fachada principal. Foi importante porque deseñou a primeira enciclopedia mecánica, considerada a precursora do actual libro electrónico.
Embarcamos no Jumbo"Lope de Vega", xigante dos ceos, un avión con moita historia por ser dos máis grandes da súa época e sobre todo porque no ano 1981 trouxo dende Nova York o cadro "Guernica" de Picasso. Vimos unha turbina, un corte dunha á, as caixas negras e sentámonos nas butacas de primeira clase.
Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.
Antes de regresar paseamos por Riazor e fotografámonos diante do estadio do Dépor.
A Residencia de Maiores Abrente de Ferrol está estes días de aniversario, e por tal motivo fomos convidados a compartir unhas horas coas persoas residentes.
Asistimos o alumnado de 3º e 4º de primaria, resultaron unhas horas moi divertidas, todos xuntos estivemos debuxando moi entusiasmados.
Fixemos debuxos que se van expoñer na residencia durante un tempo e pintamos un mural que vai quedar alí permanentemente, o que nos fai sentir moi orgullosos.
Estamos invitados a visitar a exposición coas nosas familias. (Tamén podemos ver as fotos publicadas na galería premendo na imaxe da esquerda).
Nós pasámolo moi ben e apreciamos con moita satisfacción que os maiores estaban felices coa nosa compañía.
Agradecemos a Abrente Ferrol esta oportunidade de achegarnos ás persoas maiores, que nos fixo fortalecer a idea de que temos que tratalas como merecen: con moito respecto e agarimo.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |