Experimentos PT

10º MARTES. 10º EXPERIMENTO

Bos días!!

Como última proposta de experimento: FRECHAS QUE XIRAN SOAS!

Que necesitamos?

-Un vaso

-Dúas frechas debuxadas cara o mesmo lado

-Unha xerra con auga

Que credes que vai a pasar?

Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

Moitos bicos para tod@s!

9º MARTES. 9º EXPERIMENTO

Bos días!!

No experimento de hoxe veremos como podemos crear "choiva de cores".

Precisaredes:

  • 1 recipiente alto de vidro 
  • Vasos. Un para cada cor que queirades utilizar
  • Colorante de varias cores
  • Espuma de afeitar
  • 1 contagotas

Premede na imaxe para acceder ao vídeo e seguide os pasos.

Espero que vos guste!

Biquiños!

 

8º MARTES. 8º EXPERIMENTO

Bos días!!! Que tal estades?

Quéredes escribir mensaxes secretas?

Neste experimento que vos propoño podedes facelo. Titúlase TINTA INVISIBLE.

Só precisades:

-1 folio branco

-Zume de limón

-1 pincel ou 1 bastoncillo dos oídos

-1 vela (coa axuda dun adulto). Outra forma de facelo é metelo no forno durante un par de minutiños.

Premede no vídeo e seguide os pasos:

 

Podedes mandarme as vosas creacións ao meu correo electrónico, que figura na páxina principal do meu blogue.

Moitos bicos

7º MARTES. 7º EXPERIMENTO

Bo día!!

Hoxe traio un experimento refrescante!!

Imos ver como conxelar auga nun segundo! Clicade na imaxe para acceder ao vídeo.

Apetécevos probar?

Xa me contaredes que tal.

Un besiño

6º MARTES. 6º EXPERIMENTO

Bos díassss!!!!

Hoxe un experimento novo que se titula "COMO ROMPER UN LAPIS SEN ROMPELO".

Pensaredes....e iso posible?

Pensativa!!!! (con imágenes) | Emojis para whatsapp, Emoticonos ...

Só precisades:

-Auga

-1 vaso

-1 lapis

-Alcohol

-Aceite de bebé

Seguide os pasos propostos no vídeo. Xa me contaredes que tal. 

Clicade na imaxe para acceder ao vídeo:

Biquiños

5º MARTES. 5º EXPERIMENTO

Bo día a tod@s!

Hoxe propóñovos un experimento titulado PANTASMAS ESPUMOSASSSSS

Os materiais que precisades son:

  • 2 ou 3 vasos de plástico
  • 1 culler
  • Colorantes alimentarios
  • 1 marcador permanente
  • Vinagre
  • Bicarbonato sódico
  • Lavalouzas

Botádelle un vistaciño ao video e probade a facelos.

 

Quen fixo a pantasma máis espumosa?

Saudiños

4º MARTES. 4º EXPERIMENTO

Bo día!!

Como cada martes, un experimento. Neste caso a miña proposta é facer MASA DE SAL, que despois poderedes utilizar para crear as vosas figuras, pintalas....

Que vos parece?

 

MATERIAIS

  • 2 medidas (vaso) de fariña
  • 1 medida de sal fina
  • 1 medida de auga quente
  • Colorante

PASOS

  1. Mesturar fariña e sal
  2. Engadir a auga quente pouco a pouco
  3. Amasar ben ata que deixe de estar pegañento. Se se nos pega moito, engadimos un pouquiño máis de fariña e sal a partes iguais.
  4. A masa ten que quedar con este aspecto:

Agora que está lista podedes facer todo tipo de figuras con ela

OUTRAS OPCIÓNS

-Podedes reutilizar a vosa masa gardándoa no frigorífico dentro dun recipiente pechado

-Conservar as nosas creacións introducíndoas no forno a 100º durante uns minutiños. Canto máis grosas sexan, máis tempo de forno precisan. Unha vez secas, podedes pintalas.

Se vos animades podedes mandarme as vosas creacións ao meu enderezo electrónico.

Un saudiño

3º MARTES. 3º EXPERIMENTO

Bo día a todo@s!

Para hoxe teño unha proposta de experimento que me encantou!!!!

Que vos parece se metemos un anaco do espazo nun frasco? Para iso crearemos unha nebulosa. E diredes....pero iso que é? Pois é unha nube de gas e pó que hai no espazo.

 

Só precisamos:

-1 frasco de vidro. Tamén podedes empregar algunha botella que teñades baleira. Iso si, hai que pechala ben forte para que non se nos vaia evaporando.

-Outro recipiente para ir facendo as mesturas

-Auga

-Colorante alimentario ou témperas

-Algodón

-Purpurina

Agora atent@s ao vídeo:

Tamén podedes empregalos como botes da calma. Se estamos enfadados, axitamos o bote e ver como se move a purpurina relaxa moito.

Se queredes podedes enviarme as vosas creacións ao meu enderezo electrónico.

Desfrutade co experimento.

Biquiños

2º MARTES. 2º EXPERIMENTO

Bo día!!!

Para este martes propóñovos este sinxelo experimento. 

Só precisades:

-1 vaso de vidro

-Auga

-Unha moeda

Credes que é posible facer que algo se convirta en invisible?

1º MARTES. 1º EXPERIMENTO

O primeiro experimento que vos propoño chámase OVO TRANSPARENTE.

Para iso só precisades un recipiente de cristal, un ovo e vinagre.

Atentos ao video.

Que vai pasar coa cáscara do ovo?

Distribuir contido