Comprensión lectora PT

Comprensión lectora de textos cortos. 1º e 2º de EP

Bo día amiguiñ@s!

Aquí vos deixo este enlace para traballar a comprensión lectora de pequenos textos. 

Unha vez leades cada texto, a continuación tedes que respostar a 3 preguntas. No caso de que se cometa algún erro, a páxina volve ao texto para que poidades volver a lelo.

Podedes facer un texto cada día e despois teredes que ir seleccionando as diapositivas para non ter que empezar de cero.

TEXTO 1: Diapositiva 2

TEXTO 2: Diapositiva 6

TEXTO 3: Diapositiva 10

TEXTO 4: Diapositiva 14

TEXTO 5: Diapositiva 18

TEXTO 6: Diapositiva 22

TEXTO 7: Diapositiva 26

TEXTO 8: Diapositiva 30

 

Clicade na imaxe e accederedes á actividade.

 

Biquiños

Comprensión lectora de oracións

Bos días. 

Aquí vos deixo dous recursos que nos axudan a traballar  a observación dos detalles e por tanto a atención e tamén a comprensión lectora.

Eu recoméndoa para 1º e 2º de educación primaria.

Só tedes que clicar enriba de cada imaxe e xa vos leva directamente á páxina.

 

Neste enlace primeiro debedes fixarvos ben na imaxe que aparece e logo escoller que frase é a correcta.

 

E neste outro, OLLO, aquí hai que escoller a frase que NON é correcta.

 

Biquiños para tod@s

 

 

 

Ordenar palabras para formar unha oración

As actividades de ordenar palabras  son unha boa técnica para reforzar a comprensión lectora.

No arquivo adxunto atoparedes máis exemplos como os da imaxe para seguir practicando.

Que teñades bo día.

Biquiños.

Comprensión lectora interactiva

Aquí vos deixo os seguintes enlaces para ler algún conto.

Podedes escoller os que máis vos gusten e despois poderedes resolver diferentes preguntas sobre os mesmos. O final do conto atoparedes un recadro que pon "JUGAR", clicade e veredes preguntas de verdadeiro/falso, con imaxes...

 

Para 2º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas

 

Para 3º e 4º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-comprensivas

 

Para 5º e 6º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/actividades-de-lectura-veloz

 

Distribuir contido