Galería de arte dos de 2º

Traballos publicados polos pequenos artistas.

HOMENAXE A NESTA.

Nesta, a cadeliña que acompañou ao noso Alberto moito tempo, agora está xogando no arco da vella con outros canciños. Dende aquí, facémoslle unha pequena homenaxe, para mandarlle unha aperta e desexarlle que estea moi contenta alá arriba do arco da vella. 

Ata sempre, Nesta. 

OS MAIOS - CREACIÓN DE ALBERTO (TRABALLO LIBRE)

Esta semana, ademáis das tarefas de Aula, Alberto fixo un fantástico Maio no que nos manda unha bonita mensaxe a todos e todas. 

Gracias, Alberto, Eva e Manuel! 

CARTEIS PARA O DÍA DO TRABALLO.

O alumnado de segundo de Educación Primaria, esta semana, elaborou, en clase de lingua castelá, pancartas reivindicativas con motivo do día do traballo, que terá lugar o venres, 1 de maio de 2020. 

Aquí están algunhas delas, que quixeron publicar. 

ROI - CARTEL DEL 1 DE MAYO

 

KEVIN - VACACIONES POR IGUAL

 

 

TELMA - IGUALDAD DE SALARIOS

Cartel de Telma

MARÍA - DERECHO AL TELETRABAJO

 

NOA - LOS EMIGRANTES TAMBIÉN TIENEN DERECHOS. 

 

 MARIO: MEJORES SUELDOS. 

Cartel de Mario

 ALBERTO: DERECHOS LABORALES IGUALES ENTRE HOMBRES Y MUJERES. 

Cartel de Alberto.

Traballos libres dos nosos artistas.

Traballos realizados polos artistas de 2º, sen previo encargo, que queren compartir con todo aquel que goste interesarse. 

Son unhas xoias! 

Buscádeos no arquivo adxunto. 

PAPIROFLEXIA

Un artista ten que probar o traballo con distintos materiais para coñecelos e coñecerse a si mesmo en relación con eles. 

Aquí vou publicando as nosas creacións en papel, que comezamos antes de Semana Santa. Foi o noso segundo traballo de arte dende o confinamento. Pinchade onde pon "1 arquivo adxunto". Aí os atoparedes. 

Parabens aos artistas!!

OS NOSOS PEQUENOS ARCIMBOLDOS.

Esta semana, os pequenos e pequenas de segundo curso estiveron vendo as obras de Giuseppe Arcimboldo, e tomaron inspiración para facer as súas propias versións. 

Nos arquivos adxuntos atoparedes a obra dos nosos pequenos artistas. 

EXPOSICIÓN DE COLAXES DE SEGUNDO

Os nenos e nenas de 2º, durante esta semana, estiveron vendo nas súas casas algunha información sobre a técnica artística da colaxe. 

Nos arquivos adxuntos, están as creacións destes artistas, aos que lles dou as gracias, xunto coas súas familias, por estar tan dispostos a colaborar e participar das propostas que lles mando. É unha marabilla traballar con vós!! 

Que as desfrutedes!

Distribuir contido