Valores

SEMANA DO 25 DE MAIO EN DIANTE.

A partir do 25 de maio de 2020: Tarefas libres e voluntarias. Mira na sección de "Recursos libres para valores 2º"

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO DE 2020

As actividades de valores, a partir desta semana, van ser libres. Deixareivos recursos no enlace “Recursos para valores”, para que fagades, a pracer, cando queirades!.

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO DE 2020 (2 SESIÓNS)

Sesión 1 e 2.

Nestas sesións de valores, elaboraredes un cartel ou carteis (depende ao que vos dea tempo) para fomentar o coidado das prantas e da natureza.

Utilizade, para facelos, a técnica da colaxe que xa aprendemos nalgunha sesión de plástica.

Para isto:

1-     Pensade que mensaxes son moi importantes para que a xente se comporte con respeto nos contornos naturais.

2-     Plasmádeas no voso cartel, e procurade que queden bonitas, e convincentes.

 

Enviádeme o resultado, por favor! Grazas.

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020

-        Escolle a un dos teus familiares, e elabora un pequeno traballo sobre a súa profesión. Por iso, primeiro falarás con esa persoa para recabar tódolos datos. Pode ser un mural, unha ficha, un debuxo ou un mapa mental. Deixa traballar a túa creatividade. Debe incluir:

 

·       Nome da persoa sobre a que o fas, e a súa relación contigo.

·       Profesión.

·       Lugar de traballo. ¿Cómo se chama o lugar onde realiza o seu labor? (colexio, panadaría, hospital…).

·       Responsabilidades. ¿Qué fai no seu traballo?

·       

Utensilios. ¿Qué necesita para realizar o seu labor?

·       Por último, Por qué é importante o seu traballo para todos nós?

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020

Sesións 1 e 2: 

Dada a situación na que estamos, o mellor que podemos facer polos demáis é axudar en todo o que poidamos. 

Por iso, imos dedicar as dúas sesións a colaborar na casa. Seguro que todos tedes, xa, as vosas tarefas. Pero ademáis, adicarémonos a facer tarefas extra para aliviar o traballo de outros. Podedes facer cousas como:

Fregar a louza

Fregar o chan

Colgar a roupa

Recoller a roupa

Elaborar comidas sinxelas

Coidar das prantas

Coidar das mascotas

Quitar o pó dos mobles

 

E calquera outra que se vos ocorra, a vós ou á vosa familia. Pode ser en dúas horas que escollades na semana, ou repartidas en 4 sesións de 25 minutos ao día e unha de 20. Como vós e a vosa familia dispoñades. 

Facede o traballo ben. Seguro que despois estamos contentísimos de ter axudado! 

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020 (2 SESIÓNS)

Esta semana, imos dedicar as dúas sesións de valores a algo moi importante: colaborar nas tarefas de casa. 

Todos tedes, xa, tarefas asignadas na vosa casa para colaborar, pero, esta semana, adicarémos as nosas horas de valores a facer algo polos demáis. Tarefas que podamos aforrarlles a outros:

 

-  Quitar o pó dos mobles.

-  Fregar a louza con supervisión

-  Preparar comidas ou merendas sinxelas (e logo recoller)

-  Recoller a roupa

-  Colgar a roupa

- Encargarse do coidado das mascotas

... 

E calquera outra tarefa que se vos ocorra, a vós, ou á vosa familia. Lembrade que deberán ser, en total, dúas horas semanales de adicación. Poden ser dúas en dous días, ou repartidas ao longo da semana. Xa me contaredes a que as dedicades!  

 

ACTIVIDADES SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DE 2020.(VALORES: 1 SESIÓN)

Hoxe, propóñovos este video. Titúlase “Colorea o teu mundo con amabilidade”.

 


 

 

Despois de velo, quero que reflexionedes sobre se vos gusta ser amables cos demáis, e se o estades practicando tódolos días. Agora, é un momento moi importante e moi difícil para practicar a amabilidade.

Faredes unha lista de cousas que podedes facer para ser amables coa vosa familia. Como podedes axudar? Se non se vos ocorre, podedes preguntar.

Colgaredes esa lista nalgún lugar que vexades tódolos días para lembrar como podedes practicar a amabilidade a diario. Podedes facer a actividade en familia. Todos estamos máis contentos se conseguimos ser amables.

O venres, comentarémolo na asemblea.

Distribuir contido