Arte

SEMANA DO 25 DE MAIO EN DIANTE.

A partir do 25 de maio de 2020: Tarefas libres e voluntarias. Mira na sección de recursos de “Plástica”.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO DE 2020

Sesión 1:  

Tempo para elaborar, ou rematar, e enviar, a actividade de normalización lingüística.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/648

SEMANA DO 11 AO 20 DE MAIO (1 SESIÓN)

Sesión 1:

Esta semana, faredes, no voso caderno de debuxo, un traballo plástico sobre a celebración do día das letras galegas.

Dade rienda solta á vosa imaxinación: pode ser, dende un retrato do escritor Ricardo Carvalho, un mural, un collage, bonitas ilustracións dalgún dos seus contos, un cartel… Decidide o que queredes facer, e adiante!

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020 (1 sesión)

Como ha sido el día de la madre, elaborarás, en tu bloc de dibujo, un bonito retrato de la tuya. Para ello, puedes tomar ideas viendo los siguientes videos sobre retratos y autoretratos.

 

https://www.youtube.com/watch?v=oEDQ79y5Eic (base de cómo hacer un retrato) (luego tendrás que añadir los rasgos de tu madre: alargar o anchear la cara, fijarte en la forma de sus ojos, sus cejas, su nariz, sus labios, sus orejas y su pelo)

https://www.youtube.com/watch?v=xDl15tEKiXs (Autorretratos famosos)

https://www.youtube.com/watch?v=QhJMGkMZOzA (retratos de pintores famosos)

Para hacer el retrato, puedes pedir a tu madre que pose o sacarle una bonita foto y luego ponerla delante para poder fijarte bien en los rasgos.

Debes usar un lápiz blando, y cargar muy poquito, para poder borrar, al final, las líneas que sobren. No te des prisa. Puedes continuar en la siguiente sesión de plástica. 

Hazlo despacio, y lo mejor que sepas! 

Puedes dibujarte con ella, si te apetece hacerlo. 

 

PLÁSTICA (1 SESIÓN)

-      Despois de realizar as actividades de Lengua Castellana, e investigar, entre os adultos da vosa familia, elaborade un cartel para reivindicar un dereito de traballadores e traballadoras que creades que ainda fai falta conseguir.

Enviade os carteis, que tamén os colgaremos na nosa páxina para o vindeiro venres! 

Lembrade: Un cartel debe levar letra e debuxos vistosos, que estean en relación co que se quere transmitir.

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020 (1 sesión).

Esta semana, en arte, ides crear as ilustracións para o conto que estades facendo, con motivo da "Semana do Libro" e da conmemoración do día do libro, en Lingua Galega. 

Tedes que pensar moito no voso conto, no lugar onde se desenvolve, como son as persoaxes... e crear as imaxes. Deseñarédelas, no voso bloc de debuxo. Pensade ben as cores!

Logo, copiarédelas na plantilla do conto cando o pasedes a limpo. Desfrutade moito co traballo! 

 

ACTIVIDADES SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DE 2020 (Plástica): 1 sesión.

-         

 Esta semana, estudiaremos a Giuseppe Arcimboldo. Xa comezaramos a mirar obras del o ano pasado. Foi un pintor italiano, que viviu entre 1527 e 1593, famoso polas súas representación de rostros humanos a partir de froitas, plantas, animais ou obxectos. Como para a semana que vén retomaremos os proxectos, esta semana estudiaremos a este pintor, que traballa con elementos vexetais.

Podedes ver algunas das  súas obras aquí no seguinte enlace, a ver se identificades que elementos vexetais utiliza (ides ver obras nas que tamén utiliza animais e obxectos).  Pero quero que vos fixedes, sobre todo, nos elementos vexetais.

https://www.wikiart.org/es/giuseppe-arcimboldo

(se pinchades no primeiro cuadro, sairá en grande e, logo, podedes facer clic no “Play” para ver todas as obras que nos presentan). 

Despois de observar moi ben tódalas obras e elementos vexetais que utiliza, intentarás crear o teu propio debuxo ao “estilo Archimboldo”, utilizando elementos vexetais (plantas, flores, froitas ou verduras). Sairanvos uns bos retratos?

Non tedes que facelo todo nun só día. As obras de arte, van pouco a pouco. Podedes crear un borrador nun folio, para o primeiro deseño. Cando teñades a idea, plasmádea no voso bloc de debuxo.  Cando rematedes, por favor, enviádema para facer a exposición na web.

Poderemos xogar todos a saber qué vexetais utilizaron os compañeiros.

Distribuir contido