Ciencias Sociais/Naturais

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO DE 2020

Sesión 1:

Proxecto “somos xardineiros e xardineiras”: Esta semana, remataredes. Nesta sesión, faremos a páx 43. Tedes dúas sesións para completala.

Como recurso para observar as plantas na arte, podes ir ao portal web de Santillana (proxectos.santillana.com). (Usuario: santillana, contrasinal: santillana)

Aí:

1-    Pinchas no libro do proxecto.

2-     Unha vez que entras, pinchas na rodiña da esquina inferior esquerda, e, logo, no cadriño cunha montaña e un sol.

3-    Logo, no centro, abres o desplegable.

4-     Dentro do desplegable, vas á sección 7 “lecturas, arte e xogos”

5-     Dentro desa sección, vas a “As plantas na arte”, e ves os cadros que nos presentan.Daí, podes tomar máis ideas para facer a túa propia obra de arte.

Sesión 2:

Continuar coa actividade da sesión anterior (elaborar unha obra de arte, con plantas, similar á de algún dos autores que viches na presentación). 

Quen queira, tamén pode facer a colaxe da páx 44 (voluntario). Dou esta actividade por feita co Arcimboldo que xa temos publicado.

Sesión 3:

Páx 51 e 52.

Sesión 4:

Páx 53. Rematamos!

Parabens polo traballo, chicos e chicas. A partir desta semana, podedes facer, libremente, actividades de ciencias. Déixovos en “recursos”, dentro deste apartado, videos, xogos e fichas interesantes de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO DE 2020

Sesión 1:

Proxecto: somos xardineiros e xardineiras.

Páxinas 39 e 40.

Para a actividade 1 da páx 39, atopei unha canción super chula que poderiades ir aprendendo na casa. Non é fácil atopar cancións nin rimas en galego sobre o medio ambiente. Ollade o video e repasade de cando en vez, a ver se vos gusta. Podedes facer karaoke coa vosa familia!

Para a actividade 3 da páx 39, podedes mirar ideas sobre como reutilizar materiais tamén nos datos adxuntos. Só tedes que lelo, non é preciso elaboralo..

Na acitividade 2 da páx 40, veredes a receita de fertilizante caseiro, tamén, nos datos adxuntos. Só hai que ler!

 

Sesión 2:

Proxecto: somos xardineiros e xardineiras.

Temos un debate pendente. “Vantaxes e inconvenientes de comportarse sempre de forma respectuosa co medio”.

Farémolo en grupos de 6, se pode ser:

María, Alberto, Telma, Tristán, Lavinia, e Adrián, para o martes 19, ás 12:00.

Igo, Roi, Noa, Mario, Carlota e Kevin, para o xoves 21, ás 12:00. (vós, na segunda sesión, faredes a actividade do xoves)

Sesión 3:

Proxecto: somos xardineiros e xardineiras – Páx 41: actividade 1 e 2. Lectura de contos sobre plantas.

Esos contos, están na páxina web de Santillana: dentro de “somos xardineiros e xardineiras”, pincha na rodiña pequena da esquina inferior esquerda, logo imos ao centro, e, no despregable, escollemos “lecturas, arte e xogos” e, dentro, están os contos que temos que escoitar.

 

Escollede un, e… Adiante! Logo, completade a ficha. 

Sesión 4:

Proxecto: somos xardineiros e xardineiras. 

Valse das flores (Páx 42, actividade 4) Hai moitas obras musicais inspiradas en plantas. Mira o video musical do “Valse das flores”, unha composición de Tchaikovsky. Acompáñao, con percusión corporal, do seguinte xeito:

Flor vermella: palmada.

Flor azul: palmada nas rodillas (un pouquiño máis arriba).

Flor amarela con un triángulo: chascamos os dedos das dúas mansa ao mesmo tempo.

Flor amarela con tres triángulos: chascamos rápido, tres veces, unha con cada man, alternando.

Podedes xogar coa vosa familia.  

SEMANA DO 4 AO 8 DE MARIO DE 2020 (2+2 SESIÓNS)

1ª sesión: Proxecto: a merendar

Esta semana, todos debestes rematar o proxecto “A merendar”. Se non o rematastes, douvos esta sesión para poñervos ao día.

Teredes que preparar o que vos falte, e poñer en orde as fichas que tedes do proxecto, e colocalas correctamente. Se queredes, para que non vos abulte no arquivo, podedes encadernalas con argolas e poñerlle unha portada e unha contraportada. Lembrade que algunhas das fichas que vos faltan están na aula. Algúns, tamén estraviastes algunha delas.

2ª sesión: Os nosos amigos os animais.

Como xa rematamos o proxecto “ A merendar” (ainda que nos falta celebrar a merenda común…) comezamos, esta semana, a aprender un pouco sobre animais, xa que levamos visto bastante sobre as prantas:

Na páxina proxectos.santillana.com, pinchamos en “Os nosos amigos os animais”.

Coma sempre: Pinchamos na rodiña, e logo no cadrado cunha montaña e un sol. Baixamos o despregable, pinchamos en “ Os animais son seres vivos”.

Logo, nun folio ou cartolina, elaborarás un esquema sobre as características dos seres vivos e inertes. Tes un modelo nos datos adxuntos.

 

3ª sesión: Proxecto: Somos xardineiros e xardineiras.

Estuda ben a regla dos tes erres: reducir, reutilizar e reciclar, e en que consiste cada cousa. Están na lámina descargable do proxecto, na páxina web de Santillana.

Debate: (Se todo vai ben e amaño o ordenador)  Faremos un debate online en pequenos grupos. Nel, imos falar das vantaxes e inconvenientes que ten actuar sempre de forma respectuosa co medio. Deberedes anotar, cando falemos, as vantaxes e inconvenientes que comentemos durante a conversa.

Se non puidésemos facer a videoconferencia, deixa as túas ideas sobre o tema anotadas nun folio, para cando poidamos celebrala.

4ª sesión: Proxecto: somos xardineiros e xardineiras.

Hoxe, investigaredes sobre unha planta do voso contorno. Deberdes escoller unha flor, unha árbore ou un arbusto. Sobre el, faredes as seguintes actividades:

1.     Elaborar, no caderno de debuxo, un cadro da planta elixida. Debe levar o nome común, e tamén buscaredes en internet, con axuda dun adulto, o nome científico.

2.      Investigar sobre esa planta. Podedes preguntar a alguén que coñeza, buscar nun libro de plantas ou en internet. Poñeredes todo o que vos pareza importante saber sobre ela.

 

Mandarédesme os vosos traballos e elaboraremos unha exposición na galería online.

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020

Proxecto: A merendar (2 sesións)

-Sesión 1: A maioría de vós fixestes a vosa merenda esta semana.

Nun folio, a bolígrafo negro, escribides o voso nome e o título “A MIÑA MERENDA”.

Despois, copiades e completades a ficha “A miña merenda”, que está nos datos adxuntos.

- Sesión 2: Completa o “Que aprendín?”. Faino ti só, e, se non sabes algo non o completes. Envíame a tarefa ao rematar.

 

Proxecto: Somos xardineiros e xardineiras

- Sesión 1:

-  Entramos en proxectos.santillana.com (usuario: santillana clave: santillana )

Alí, vemos, na sección 4, o video: “Os grandes problemas da natureza”.

(O camiño para chegar ao video sería, unha vez dentro dos proxectos: 1- pulsar na rodiña da esquina inferior esquerda, 2- Pinchar no cadriño pequeno que ten unha montaña e un sol. 3- Pinchar no despregable, no centro da pantalla (na frecha para abaixo que hai debaixo do título), 4- Pinchar na sección 4, titulada " As persoas e as plantas", e, aí, no terceiro video (Os grandes problemas da natureza).

 

 

Tamén, “Fabricar obxectos con materiais reutilizados” (na sección 5).

Despois, facemos as actividades das páxinas 37 e 38.

Enviádeme foto, por favor.

 

- Sesión 2:

Entramos, de novo, en proxectos.santillana.com (usuario: santillana clave: santillana)

Desta volta, vemos o seguinte:

“Receita para facer fertilizante caseiro” (sección 5)

E

“reducir, reutilizar e reciclar” (sección 6).

Facemos as actividades das páxinas 39 e 40. 

 

Para a semana seguinte, nas asembleas virtuais, debatiremos sobre as vantaxes e inconvintes que ten actuar sempre de forma respectuosa co medio.

Nos ficheiros adxuntos, están as fichas. 

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020 (2+2 SESIÓNS)

 

Proxecto: A merendar (2 sesións)

- Sesión 1:

-        Páx. 43. Os puntos de abaixo, vermellos:

 Elaborar a lista cos utensilios necesarios para preparar a vosa merenda. Lembra que unha lista escríbese en vertical.

Elixide, tamén, quen vos axudará na casa, se precisades axuda, e pedídello.  (lembrade que debe ser algo que preparedes vós case sós, con moi pouca axuda!)(podedes buscar axuda para acender un forno, ou para dicirvos como pesar…)

Esa lista, farédela nun folio a parte, no que poñeredes nome e data, e o título. “Lista de utensilios para a merenda”.

-        Na páx 44, en “GUSTARÍAME TRAER”, hai que anotar que menú vos gustaría facer. Para o cole e para casa. (Os que me enviastes a foto non tiñades ben o exercicio). É dicir, aí debedes anotar o que vai levar o voso menú: brocheta de froitas, biscoito, iogur…) E explicar se vai preparado dun xeito especial.

 

- Sesión 2:

 

-        Páx 45: Os dous últimos exercicios.

Mirade se, nas normas para cociñar, tedes anotado recoller o pelo e lavar ben as mans. É moi importante!

 

-        Páx 46: O primeiro exercicio.

 

Agora, debedes xa ter todo listo para organizar a vosa merenda en familia! Organizádea, e desfrutádea moito.

Lembrade que debedes ser uns bos anfitrións!

Nalgunha videoconferencia, falaremos de qué fariamos para clase, se nos fose posible organizar unha merenda para todos. Contade tamén, polo abalar, cando fagades a merenda, como resultou.

Se tedes preguntas, por favor, dicídeme!

Proxecto: somos xardineiros e xardineiras (2 sesións)

- Sesión 1

-        Exercicios Páx 33 e 34.

- Sesión 2.

Para preparar esta sesión, ides á páxina de Santillana: https://proxectos.santillana.com/. Alí veredes o seguinte:

*Unha vez dentro da páxina, pinchar na rodiña inferior esquerda; logo, no cadradiño con montaña, e logo na flecha para abaixo que aparece no centro da páxina. Escoller a sección 4: AS PERSOAS E AS PLANTAS. Dentro desa sección, está o que tedes que ver. 

- Que nos proporcionan as plantas?  (Presentación interactiva – Sección 4)

 

- As plantas son importantes (Video – Sección 4)

-        Exercicios Páx 35 e 36.

Se tedes dúbidas, por favor, preguntádeme.

 

 

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020 (2+2 SESIÓNS)

Esta semana, imos retomar os proxectos de aula, xa que os temos  case rematados, e debéramos acabar!

Adicaremos dúas sesións a cada un. Agardo que, xa, os rematemos pronto, e retomaremos o traballo que estamos facendo sobre coñecer o noso concello.

Sei que estabamos facendo en grupo estas actividades e, agora, terédelas que facer de forma individual, que é menos divertido. Pero intentaremos sacarlle partido.

Comezamos.

Sesión 1:

Proxecto: “A merendar”.

Hoxe, só revisarás que tarefas che quedan por facer. Todos debemos chegar ata a páxina 40, pero non todos temos rematado. Se che falta algo, faino.

Tamén, repasa os videos que levamos visto ata agora. Para iso, debes entrar en

https://proxectos.santillana.com/

E, aí, escribes o seguinte:

Usuario: santillana

Contrasinal: santillana

Entrarás, e podes ver os videos e presentación do proxecto, para repasar. Na seguinte sesión, Entramos en “Finalizamos o proxecto”.

Asegúrate de ter as fichas ordeadas. Seguro que che faltan algunhas, porque teño eu fichas que me quedaron para corrixir, e algunhas que quedaron sen nome, extraviadas.

Ordena as fichas que teñas no teu arquivador, e prepárate, porque, na próxima sesión, abordaremos a parte final: Imos organizar unha merenda saudable!

Sesión 2: (Proxecto: “A merendar”)

Arquiva xa a páxina verde do libro, na que pon “Finalizamos o proxecto”.

Agora, imos ler a páxina 43 do libro. Imos organizar unha merenda saudable!

Isto, témolo que poñer en común, así que ides facer o seguinte:

Ainda que fagamos unha merenda para a clase, ides facer unha merenda para a xente da vosa casa. Iso, farédelo vós soíños! A ver como se vos da. Imos organizar, en lugar de unha, dúas merendas: Unha para a clase, para cando remate o confinamento. Pero, outra, para casa, na que ensaiaredes os alimentos que queredes preparar, e invitaredes á vosa familia… xa que, agora, non podedes invitar a ninguén máis!

1.      

 Primeira actividade. A cada pregunta, poñeredes dúas respostas: unha para “casa”, e outra para “cole”. Así:

 

Onde ides celebrar a merenda?

CASA: Na terraza. (ou no salón, ou no lugar da casa que queirades)

COLE: No campo de San Roque, ou no patio de herba…

E

Non podemos decidir que día imos celebrar a merenda, porque non sabemos cando imos sair do confinamento, pero, seguro que, se saímos nestes meses, é unha boa idea celebrala todos xuntos!

Así que, a pregunta de Que día a imos celebrar, non a contestamos para o cole, só para casa. Cada un, pensará na súa idea, e enviarédela. Todas as ideas que mandedes, poñereinas na páxina web do colexio, na sección “Cociñando”. A merenda da casa, terá que ser un día da semana final de abril, ou xa de maio, para que nos dea tempo a facer os preparativos en conxunto.

Logo, teremos que facer unha lista común con todas as cousas necesarias, e elixir aos encargados de organizar cada preparativo. Iso, elaborarémolo todos xuntos, utilizando o correo electrónico ou o abalar. Deixarémolo para a semana que vén.

2.      

Na páxina 44, tedes que escribir alimentos que debe incluir unha merenda saudable. Lembrade a pirámide dos alimentos!!

Logo, escribimos o que nos gustaría traer ou preparar para a merenda. O que fagades para a casa, será o mesmo que propoñamos para o cole… Así ensaiamos! A decisión común, tamén a faremos por correo electrónico ou abalar a semana vindeira. Isto tamén o enviades.

Lembrade que deben ser cousas que podades preparar vós na súa maior parte, ainda que un adulto vos axude un pouco.

Aquí, imos elaborar unha lista de receitas e propostas para unha merenda saudable.

3.      

Na páxina 45, saltamos a primeira tarefa porque temos que decidila en grupo. Faremos a segunda: normas para a preparación dos alimentos.

 

Elaborade unhas normas que creades que deben ter as cociñeiras e cociñeiros que preparen os alimentos que imos comer.

 

Lembrade que:

 

Unha norma debe ser breve.

Unha norma pode ser unha orde, que nos obriga a facer algo concreto, ou unha prohibición, que nos impide facelo.

Os verbos das normas poden estar en singular (fai ti, debo facer…) ou en plural (Facede vós, nós debemos ter en conta…). Decidiredes unha das formas para expresalas todas do mesmo xeito.

 

Por esta semana, chegou! Enviade fotos das vosas propostas, e as vosas normas, para que podamos publicalas. A semana que vén, buscaremos unha forma de tomar decisións conxuntas así, desde o lonxe.

 

Sesión 3: Proxecto: “Somos xardineiros e xardineiras”.

 

Imos repasar un pouco. Para isto:

-         

Todos debemos ter feito ata a páxina 31-32, polo menos. Revisa, fai as actividades atrasadas, e arquiva as tarefas ata aí.

-         

Mañá, elaboraremos un esquema sobre as necesidades das plantas e os coidados axeitados para satisfacelas.

Antes, verás de novo o video, para lembrar. Para isto, debes entrar na páxina seguinte:

https://proxectos.santillana.com/

e, aí, entraras cos seguintes datos:

 

Usuario: santillana

Contrasinal: santillana

 

Dentro desa páxina, entras no proxecto “somos xardineiros e xardineiras”. Cando che diga que tés que cambiar o contrasinal, simplemente dalle a aceptar.

Logo, pinchas na rodiña que está na esquina inferior esquerda da páxina, e, aí, no cuadro superior, que ten unhamontaña.

A continuación, na flecha para abaixo que está no desplegable “Somos xardineiros e xardineiras. As plantas”, que está no centro da páxina.

Escolles a sección 3: “a vida das plantas”.

Dentro da sección 3, verás o último video: “Que precisan as plantas para medrar”

 

Sesión 4:

 

Hoxe, faremos o esquema sobre coidados e necesidades das plantas.

 

Farálo nun folio, en horizontal, con bolígrafo azul. Lembra poñer o nome e a data.

 

O modelo, pódelo ver nos datos adxuntos. Terás que copialo e completalo. 

 

Distribuir contido