Lingua galega

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO DE 2020

Sesión 1:

Competencia lectora: tarefa 22 (Só lectura). Podes lerllo en voz alta a alguén da familia, para practicar a túa lectura en alto.

Actividades da páx 59. (A 60, deixámola para mañá)

Sesión 2:

Competencia lectora: Actividades da páx 60. Fai a ficha de lectura moi ben, debes facer un resumo completo (non vale unha frase), empregar boa caligrafía e facer un bo debuxo.

Sesión 3:

Escritura: tarefa 9.

Sesión 4:

Obradoiro de ortografía: Ficha 22.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO DE 2020

Sesión 1:

Competencia lectora – Tarefa 21.

Sesión 2:

Escritura- Tarefa 12. Enviádeme, desta tarefa, a noticia.

Sesión 3:

Obradoiro de ortografía – Ficha 21

Sesión 4:

Obradoiro de xogos – Ficha 8

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO DE 2020 (4 sesións)

Sesión 1: Esta semana, o vindeiro domingo 17 de maio, será o Día das Letras Galegas. Lembramos, un pouco, que celebramos ese día. Fai as actividades do 1 ao 7 no seguinte xogo online:

http://seminariogalan.org/inicio/ver/464

Este ano, adícase a Ricardo Carvalho Calero. Mirade o seguinte video sobre este home:

 

Sesión 2: Realiza a lectura da biografía de Carvalho Calero (está nos datos adxuntos). Logo, contesta ás actividades que están, tamén, nos datos adxuntos. (Copia, a bolígrafo, os títulos nun folio, e as preguntas, e contéstaas a lápis. Intenta que teña unha boa presentación).

Envíame a foto do que fixeches.

Sesión 3: Máis lecturas de Carvalho Calero: “As Pitas baixo a choiva”. Fai as páxinas dende a 1 ata a 7 deste xogo online. (Podes facer máis, se queres). (A lectura está, xa, no xogo).

http://seminariogalan.org/inicio/ver/466

Ao rematar, contarasme na asemblea que tal che sairon as actividades, se acertaches á primeira e cal che gustou máis.

 

Sesión 4: Hoxe, no xogo online, farás as páxinas da 18 ata a 29. Trátase de máis actividades sobre a lectura de “Os catro”.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/466

Ao rematar, de novo, cóntame na asemblea do abalar que tal che sairon as actividades, se acertaches á primeira e cal che gustou máis.

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020

- Sesión 1: Sesión oral:  gárdaa para o día que fagamos a videoconferencia. Esta semana, faremos pequenos grupos, para non aturullarnos tanto. Pero, para mantervos na videoconferencia, haberá unhas normas:

-  Respectar os turnos de palabra.

- Só se utiliza o chat se eu o pido.

-  Aténdese aos compañeiros e compañeiras aos que lles toca falar.

- Tratar con respecto a todos, prestando atención e falando cando toca.

Aquelas persoas que non cumplan estas normas, serán excluídas da sesión e falarase cos seus responsables sobre o mal comportamento.

- Sesión 2: Competencia lectora – Tarefa 15.

- Sesión 3: Escritura – Tarefa 15

- Sesión 4: Obradoiro de ortografía – Ficha 20. O ditado, que volo faga un adulto. Sen facer trampa e mirar! Tédelo aquí, e nos datos adxuntos, para escoller o que vos sexa máis cómodo. 

DITADO DE ORACIÓNS – FICHA 20.

-         

Gústanme moito os garavanzos.

-         

Este xampú fai picar os ollos.

 

-         

A herba do xardín, secou. 

Por favor, enviádeme, se podedes, os traballos que vaiades facendo. Gracias!

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020 (3 SESIÓNS)

- Sesión 1:

- Competencia lectora: Da ficha 20, faredes a lectura e os exercicios 1, 2 e 4, de momento. Deixádea aí, que continuaredes na sesión seguinte.

-  Sesión 2:

- Videoconferencia: Esta semana, falaremos o martes, 28 de maio, ás 12:00, por videoconferencia en Webex. Direivos, polo abalar, como debedes entrar.

Na videoconferencia, falaremos de como estades, pero tamén sobre as folgas, os traballadores, e as preguntas do exercicio 3 de Robin Hood.

- Sesión 3:

-  Obradoiro de ortografía: Ficha 19.

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020 (4 sesións)

O día 23 de abril, celebramos o día do libro. Con este motivo, esta semana, celebraremos a “Semana do libro”. Por iso, decidín que nos dedicaremos a elaborar un libro de contos con un conto de cada un de vós.

 

 Iso significa, que teredes que imaxinarvos e crear tódolos días. Eu, vou ir dando as instrucións, ata que , na sesión 4, teñamos o conto rematado. Cando estea listo, enviarédesmo e faremos un libro con 12 contos que poderedes ler despois na páxina web.

 

Comezamos, entón, co traballo:

 

Sesión 1:

-         

LEMOS: Que é un conto?

Un conto é unha narración curta, oral ou escrita, que relata acontecementos ficticios coa intención de entreter, divertir ou instruir ao oínte ou ao lector.

Os contos utilizáronse desde fai moito tempo coa finalidade de narrar sucesos, aventuras ou proezas.

O éxito dun conto está asegurado se acada deleitarnos e atraernos, contando cousas marabillosas que nos fagan desfrutar. Os contos escritos utilizan imaxes para axudar a conseguir este obxectivo.

Practicamos: Hoxe, faremos, da “Tarefa 14” de “Escritura”, os exercicios 1, 2, 3 e 4, máis as preguntas que vos mando máis abaixo. O exercicio 5 deixámolo para mañá, porque é cansado escribir nun só día e tedes que facelo moi ben! As historias serán publicadas! (por favor, non o fagades todo no mesmo día, porque estaredes cansos e non sairá ben)

 

Sesión 2:

-         

Hoxe, escribiremos un borrador do conto. O borrador é preciso porque, cando escribimos unha historia, ás veces, queremos cambiar cousas, ou temos faltas de ortografía que hai que corrixir. Se a escribimos directamente en limpio, faremos borróns e quedará feo.

 

Collede un folio no que poñemos nome, data, e, como título “Tarefa 14”.

 

Imos imaxinar algunhas cousas que faltan. Para isto, contesta ás preguntas (copia o texto azul no teu folio e responde) (o texto que está en negro son aclaracións, pero non son para copiar):

 

Que personaxe vas escoller para a túa historia? A científica ou ao mensaxeiro?

 

Describe ao personaxe escollido: o seu físico (alto ou baixo, gordo ou fraco, como son os ollos, o pelo…) e o seu carácter( alegre, amable, intelixente, espilida, divertida, aberta, irritable, agradable, antipático, brusca, celoso, chistoso, cumplidor, espabilada...). Logo, debúxao.

 

Vai haber máis persoaxes? Quen son? Descríbeos e debúxaos.

 

Onde sucede a historia? (Describe o lugar con detalle: se é unha gran cidade, unha pequena vila, un monte, a cima dunha montaña, un laboratorio segredo agachado nun lugar moi lonxano… que ten ese lugar, se hai plantas, ríos, árbores, ventás…)

Fai un debuxo do lugar.

 

Borrador

 

Reunindo tódolos datos que tes, empeza a escribir o teu conto, a lápis. Debemos ir por orden:

 

Primeiro escribimos o inicio da historia.

Ao principio…

Fai varios anos vivía…

Había unha vez unha…

Nun lugar moi lonxano…

Ao comezo…

Nun país lonxano…

Vivía unha vez…

Contan algúns vellos que…

 

           No inicio ou presentación, escribimos sobre os personaxes: como son, onde viven... Especialmente, a persoaxe principal. 

 

Logo, explicarás cal foi o problema (Escolle de entre o que está escrito no exercicio 2 da ficha 14).  Esta parte chámase o do conto.

 

Describe ben a situación, que pasou, por que…

 

A continuación, escribimos o remate da historia. É importante pensar unha boa frase para o final!

E, por último… pensamos un título.

Cal será o título do conto?

Na sesión de arte desta semana, deseñarás 2 ilustracións para o teu conto. Debes pensar se, ao pasar a limpo, incluirás as dúas ou só unha no conto, e cal será.

 

Sesión 3.

 

-         

Hoxe, farás a revisión do borrador do conto. Mira ti só se ten faltas de ortografía, e revisa onde colocaches os puntos e as comas. Hai que poñer, tamén, punto e a parte. Polo menos, dous: un ao acabar a presentación, e outro ao acabar o no.

-         

Mira se che gusta como está escrito e, se non che gusta algo, podes cambialo. Aínda estás a tempo!

-         

Cando acabes de revisalo ti, pídelle a un adulto que o revise contigo, por se se che escapa algo.

Hoxe, farás só estas tres cousas. Pero fainas a conciencia!

 

Sesión 4:

 

Hoxe pasaremos o conto a limpo. Por fin!!

 

Colle, no plástico do final do libro, a plantilla para escribir o conto. Se non che chega, podes engadirlle un folio ou cartulina, ou escribir por detrás. Tamén, podes facer máis debuxos.

 

Escribe a historia, exactamente como a deixaches no borrador (se inventas cousas novas, terás novos erros). Elabora os debuxos ben feitos e coloréaos.

 

Lembra poñer o título ao teu conto, no primeiro espazo que hai na plantilla. E asinar ao final, para que saibamos de quen é.

 

Agora que está feito, envíamo por correo electrónico coa axuda dun adulto. Pronto crearei o noso “Libro de contos de 2º”, para o día do libro.

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL (3 SESIÓNS DE LINGUA GALEGA).

Sesión 1:

-           Competencia lectora: Tarefa 19. “A ferradura”.  Lemos o conto. Hoxe, só a lectura. Primeiro, en silencio. Debedes preparala ben para lérllela, no momento que poidades, en alto á vosa familia. Tamén podedes repartir os papeis e ler todos xuntos: Un narrador, o labrego, o avó e Alberte. Deberedes repartir as persoaxes!

             Sesión 2: 

-         

Actividades da lectura (tarefa 19) de “Competencia lectora”.

Exercicio 3: podes buscar as palabras no diccionario de galego. A páxina é a seguinte:

https://academia.gal/dicionario

Ao rematar, quero que, se podedes, me enviedes a foto da Ficha de lectura do conto. Tamén quero que me contedes polo abalar quen vos ensinou alguna vez algo (o exercicio 5).

Sesión 3:

-         Obradoiro de ortografía: Ficha 18.

Fixádevos que, na actividade 3, traballamos as palabras da mesma familia:

ensaio- ensaiar

falta – faltar

escrito - escribir

Podedes buscar as palabras que non coñezades no diccionario da RAG. (o enlace está na sesión 2).

-         Facer a ficha de lectura de “Contos por teléfono” sobre o conto ou os contos que lestes esta semana. Comentalo na asemblea do abalar.

Distribuir contido