Escolares

Contos para valores.

Ola!

Hoxe deixo un conto que xa traballamos nas aulas de Educación Infantil, "El cazo de Lorenzo".

Con el aprenderemos a respectar, axudar e valorar a todos os compañeiros e compañeiras, aínda que sexan moi distintos a nós.

Unha aperta.

 

 

" ROSA CARAMELO"

Un conto para traballar a igualdade...

https://youtu.be/NO3pwZMcV10

 

 

Webmix Samaín en Symbaloo

O Samaín márcanos o remate do verán e o comezo do longo inverno, desde o CEIP Plaia de Quenxe queremos evitarvos o aburremento nestes chuviosos días cunha serie de actividades e lecturas terroríficamente divertidas.

Podemos recordar coñecidas personaxes que acabaron tendo unha cabaza por cabeza. Sería de pouco estudar? Veremos como chegaron a perder o melón, lendo as historias e lendas de Jack O'Lantern e Sleepy Hollow.

Os grandes lectores van a desfrutar coas "historias de medo no museo", clicando nos bloques podedes acceder directamente aos arquivos pdf e comezar a ler.

Para os máis cativos temos unhas actividades que nos envían os nosos amigos Os Bolechas.

Toda unha mestura de curiosidades que atoparedes en...

https://www.symbaloo.com/mix/osamain2

CHARLAS SOBRE TDAH NO IES FERNANDO BLANCO

 

BOS DÍAS A TODOS E TODAS.

INFÓRMASEVOS DA OPORTUNIDADE QUE TEDES DE ASISTIR A UNHA CHARLA QUE SE IMPARTIRÁ O PRÓXIMO 29 DE ABRIL NO IES FERNANDO BLANCO, SOBRE O TRASTORNO DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE- TDAH.

A HORA SERÁ ÁS 17:30 E DURARÁ APROXIMADAMENTE UNHA HORA.

A ASISTENCIA É GRATUÍTA E PODEDES PARTICIPAR QUEN QUEIRADES.

AGRADECERÍAMOS QUE O COMUNICARADES AOS TITUORES SE IDES A ASISTIR.

 

MOITAS GRAZAS!

 

HORARIO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESTIMADOS PAIS E NAIS!

DENDE O CEIP PRAIA DE QUENXE CONSIDERAMOS QUE A COLABORACIÓN ENTRE A ESCOLA E A FAMILIA É IMPRESCINDIBLE PARA FACER DOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS PERSOAS AUTÓNOMAS E HÁBILES.

POR ESTE MOTIVO, NON DUBIDEDES EN CONTACTAR CON NOSCO. O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ESTÁ A VOSA DISPOSICIÓN PARA ACLARAR CALQUERA DÚBIDA OU CUESTIÓN QUE APAREZA.

A XEFA DO DEPARTAMENTO ESTÁ:

OS LUNS: MAÑÁ DE 12:00 h A 13:00h / TARDE: DE 15:00 h A 17:00 h

OS XOVES: MAÑÁ DE 10:00 h A 13:00 h / TARDE: DE 15:00 h A 18:00 h

 

MOITAS GRAZAS!!!!!!!!

 

 

Distribuir contido