DÍA DE ROSALÍA E SAÍDA AO MONTE DE 1º E 2º

 

 

 

O 24 de febreiro, tódolos galegos e galegas estamos de noraboa. Celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro: muller, pioneira, galega, e unha das principais responsables do rexurdimento galego, e, polo tanto, da conservación da nosa cultura. 

 

Como este ano o 24 será o domingo, no colexio celebramos hoxe, venres 22. Con tal motivo,, elaboramos un cartel, que enchemos de flores e bolboretas, unha por cada alumno/a, e ao que lle puxemos unha bonita estrofa de Rosalía, con cheiro a infancia.

 

"Aquelas risas sin fin

aquel brincar sin dolor, 

aquela louca alegría, 

por que acabou?"

 

Ademáis disto, os cativos e cativas de Primaria, os discentes de 1º e 2º, realizaron unha saída ao monte, na que non desaproveitamos a oportunidade de facer a nosa particular homenaxe á nosa ESCRITORA.

 

A saída de 1º e 2º.

Como xa contamos noutras ocasións, a asociación Boca de Sapo, (que está realizando un  gran labor en prol da deseucaliptización, á par que buscan realizar un labor educativo), invitou ao noso colexio a participar da prantación de froiteiras e especies autóctonas que están realizando neste momento nun dos montes do concello, coa axuda deste.

 

Xa publicaramos anteriormente outras actividades que, xa dende o pasado curso, e tamén este, se realizaron en colaboración con esta asociación.

 

Esta vez, a actividade consistiu en sair prantar carballos cos nosos cativos e cativas.

 

Todo comezou durante os meses de outubro e novembro, no que recollemos e prantamos algunhas castañas e landras coa esperanza de crear un pequeno viveiro. Das máis de 20 sementes que puxeron, medraron dúas.... así é a natureza. Pero non hai que darse por vencidos!!

 

Na asociación tiñan outras prantas que foron doadas por xente que quixo colaborar neste labor. Así que dispuxemos delas e... alá fomos!!!

 

Subimos ao monte camiñando, e de camiño aproveitamos para ir buscando especies de prantas coñecidas.

 

Xa no monte, agardábannos Alex e Paco, de Boca de Sapo, que estiveron colaborando con nós en todo momento, aprendéndonos os traballos que había que facer no monte e amosándonos as prantas que xa había alí.

 

Entre elas, vimos un teixo, acivros, unha oliveira, castiñeiros e carballos. Tamén aprendemos cales son os eucaliptos e as acacias, e explicáronnos algunhas das razóns polas cales non son favorables para os nosos montes.

 

Paco, amosounos como se podaba unha árbore, xa que o teixo tiña pólas que estaban precisando ser cortadas.

 

A continuación da breve charla e un descanso para levar algo ao corpo, comezamos coa prantación.

 

Primeiro, aprendemos a prantar, en gran grupo. Puxemos dous carballiños que recibiron o nome de “ Carballo de prata” e “ O carballo de 1º e 2º”.

A continuación, dividímonos en grupos de 9. Un dos grupos foi con Bárbara, outro con Martina e outro con Alex e Paco. Así, espallámonos polo monte para sementar prantas.

 

Ao finalizar, quedaba unha das dúas pequenas árbores que trouxeramos do cole. Decidimos prantala xuntos, e poñerlle o nome de “Rosalía”. E todos xuntos, arredor, recitamos unhas coplas da autora que leva o seu nome, que tiñamos previamente preparadas. Foi unha bonita homenaxe e o broche de ouro a unha actividade que fixo as delicias de grandes e pequenos.

 

Á próxima, invitarémosvos. Podedes ver, nos arquivos adxuntos, as fotos do día de hoxe. 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Camiño do monte.jpg125.03 KB
Primeira parada no monte.jpg250.59 KB
Recíbennos no monte.jpg232.54 KB
Descansamos do longo camiño.jpg257.89 KB
Atendendo ás explicacións de Paco.jpg452.3 KB
Atopamos un merendero!.jpg231.62 KB
A poda do teixo.jpg459.05 KB
Carballos preparados.jpg169.31 KB
Ferramenta preparada.jpg115.2 KB
Colocando o carballo.jpg186.41 KB
No monte, observando o teixo..jpg446.06 KB
O carballo de prata 1.jpg215.41 KB
O carballo de prata 2.jpg227.34 KB
O carballo de prata 3.jpg248.59 KB
O carballo de prata 4.jpg143.81 KB
O carballo de prata 5.jpg156.25 KB
Observando....jpg147 KB
O carballo de 1º e 2º.jpg538.54 KB
O Carballo de 1 e 2º 2.jpg159.82 KB
O carballo de 1º e 2º 3.jpg176.05 KB
Prantando carballos 1.jpg461.7 KB
Prantando carballos 2.jpg420.77 KB
Prantando carballos 3.jpg346.13 KB
Prantando carballos 4 - O carballo de prata.jpg528.17 KB
Subimos para prantar en pequenos grupos.jpg441.02 KB
Grupo 1 prantando.jpg258.34 KB
Grupo 1 prantando 2.jpg232.59 KB
Grupo 2 prantando.jpg230.57 KB
Grupo 2 prantando 2.jpg245.16 KB
Grupo 2 prantando 3.jpg249.94 KB
Grupo 2 prantando 4.jpg229.94 KB
Grupo 2 prantando 5.jpg229.51 KB
RECITANDO POEMAS DE ROSALÍA.jpg460.2 KB
Recitando poemas de Rosalía 2.jpg460.2 KB