Xornadas de Portas Abertas

Desde o xoves 23 de febreiro ata o venres 17 de marzo teremos xornadas de portas abertas. Se estás interesado/a en coñecer o noso centro e como traballamos co noso alumnado chama ao 881880533 para concertar unha cita cun membro do equipo directivo. Poderás visitar as nosas instalacións, coñecer o noso sistema de traballo e resolver todas as dúbidas que teñas.