ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día  da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 17 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio ou descargar AQUÍ. As candidaturas poderán ser presentadas desde o 10 de novembro ata as 14:00 horas do día 18 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 17:40 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 27 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 16:10 a 18:40 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:00 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 2 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio  dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Corcubión, 8 de novembro de 2022

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

Delfino Domínguez Lestón.

  

AdxuntoTamaño
CANDIDATURA PAIS-NAIS116.48 KB