FIN DE CURSO

Bo día a tod@s neste fin de curso atípico pero que sen dúbida quedará gardado nos nosos recordos.

Hoxe tería que ser un día especial, ao igual que os outros anos era un día de xuntazas. Tamén despediamos aos nenos e nenas de 6º de primaria que rematan a súa etapa no CEIP Praia de Quenxe e que sen dúbida botaremos moito de menos.

Agradecer a todas as familias o seu esforzo, implicación e apoio nesta situación que nos tocou vivir.

Agora chega o momento de despedir este curso 2019/2020 que persoalmente me deixa unha sensación estraña. 

Desfrutade moito das vacacións. As miñas recomendacións son:

-Rir moito

-Xogar aos vosos xogos favoritos

-Ler libros e contarllos ás vosas familias

-Tardes de cine, palomitas e refresco

-Desfrutar da paisaxe, das praias, da natureza...

-Probar receitas novas, sobre todo fresquiñas e veraniegas

e sobre todo DESFRUTAR do tempo en familia, é o máis prezado que temos.

Vémonos en setembo coas pilas máis que cargadas e desexando que a situación se vaia normalizando pouquiño a pouco.

Moitos bicos para tod@s!