SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO. CADERNOS DE REPASO

Esta última semana de xuño non haberá traballo diario. Traballastes moito ao longo destes meses. Ao final conseguimos dar todo de todas as asignaturas. Só quedan algúns exercicios de repaso do final dos temas. Quen queira facer eses exercicios de repaso pode facelo e pedir corrección ou a axuda que precise.

Agora toca descansar e recargar pilas para empezar o curso que vén con forza.

Aínda así quen queira repasar pode facelo. Nas distintas seccións de 6º tendes acceso a cadernos de fichas de repaso que vos poden servir de axuda.

Tendes que pinchar en MATEMÁTICAS 6º, LINGUA CASTELÁ 6º E LINGUA GALEGA 6º

 

Vouvos deixar acceso a un caderno de TÉCNICAS DE ESTUDO, por se a alguén lle interesa e lle é útil. Pódese descargar. 

 

No seguinte ENLACE podedes acceder a unha páxina que ten xogos das diferentes materias