Sesión de música 5, para 4º, 5º e 6º

Ola.

Hoxe deixo unha actividade para traballar a discriminación e a memoria auditiva mediante series de sons relacionados co espazo.

Tras ver e escoitar o vídeo con moita atención, tedes que facer a seguinte ficha: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=ok&i=sfcxcz&r=hc

Hai que escoitar as series de sons clicando nos altavoces, e despois unir cada número coa interrogación correspondente, clicando e arrastrando:

 

Non vos esquezades de cubrir o voso nome e curso unha vez rematedes e cliquedes en "Terminado".

Unha aperta.