SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO DE 2020

 

 

Queridos nenos e nenas:

Cóntovos que, esta semana, o martes, daranme a baixa médica. Así que, a partir da semana que vén, quedaredes ao cargo do profe Marcos, de Educación Musical.

Como xa está rematando o curso e traballastes de forma incrible, cada vez ides ter menos traballos para facer. Esta semana, só van de lingua galega, matemáticas, e ciencias naturais e sociais.

Pero, para quen queira facer cousas, en tódalas áreas puxen unha sección de “recursos libres” con xogos, videos, e propostas para que, os que queirades, poidades traballar, experimentar e facer. Intentei que sexan divertidas. Non deixedes de botarlles un ollo!

 E, como non quero marchar sen vervos, o martes, celebraremos unha reunión de webex, todos xuntos, na que tamén asistirá o profe Marcos. Será, como as anteriores, ás 12:00h. Así, desexámonos un bo verán.

De tódolos xeitos, tedes o meu correo electrónico e podedes escribirme cando queirades, e contarme cousas. Tamén podedes polo abalar! Crearei un chat que se chame “Falamos entre nós” no que poderedes deixar mensaxes cando queirades.

Así que non nos despedimos de todo, porque conto con que sigamos falando cando nos apeteza.

Unha aperta moi grande a todos, e moitisísimos bicos… E ata pronto!!

Bótovos moito de menos. 

 

 

Martina.

 

Quédavos o traballo da semana nos arquivos adxuntos, e, coma sempre, nos distintos apartados da páxina web.  

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO DE 2020.pdf177.79 KB