O corpo humano e a saúde

Como andamos de ganas de repasar ciencias de natureza?

Percibo moito interese, polo que esta semana vamos a recordar contidos e a coñecer algunha que outra curiosidade sobre o corpo humano e a saúde. Este é un dos temas máis importantes de CCNN, coñecer o noso corpo e coidalo é imprescindible para alcanzar un desenvolvemento pleno a nivel físico e psicolóxico.

Deixovos a presentación en Genial.ly

A presentación ten audio, que xa se escoita automáticamente, ten varios vídeos e texto que podedes ler ao pasar o rato por arriba das imaxes ou pinchando nelas. Ide visualizando e facendo as actividades no caderno.

Tamén tedes vídeos e xogos de repaso no noso Symbaloo, no que vou engadindo cousiñas novas cada semana, que son de visualización voluntaria pero recomendable.

Por certo, ide descargando os vídeos e as fotos de clase nos enlaces, porque os vou a eliminar este mes para cambialos por enlaces novos.

Apertas virtuais,

Araceli