SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO DE 2020

Ola, chicos e chicas!

Xa se van achegando as vacacións. Moito ánimo a todos e todas, que xa queda moi pouquiño para que rematemos! Este curso, foi un pouco difícil para todos. 

Téñovos que contar que, eu, empezo a estar un pouquiño cansa co embarazo (fáltanme 5 semanas e uns días), así que, esta semana, só abrirei o chat, para falar, o martes e o xoves. Estarei pendente das dúbidas que queirades preguntarme e do que queirades contar por aí. 

Pronto, estarei de baixa, e atenderavos outro profesor. De tódolos xeitos, ireivos avisando, vale? O traballo, deixareino eu preparado para que continuedes ata o final de curso. 

Tamén, martes e xoves, teremos videoconferencia. Un día, para seis, e outro, para os outros seis. Está explicado en Ciencias Naturais/sociais. Falaremos sobre as vantaxes e inconvenientes de cumprir sempre con normas respectuosas para o medio ambiente e as prantas. 

María, Alberto, Telma, Tristán, Lavinia, e Adrián, para o martes 19, ás 12:00.

Iago, Roi, Noa, Mario, Carlota e Kevin, para o xoves 21, ás 12:00. 

Se alguén precisara cambiar, podedes pedirmo. 

Que cousa se vos ocorre que vos gustaría facer para celebrar o fin de curso este ano? É un pouco difícil con esta situación! 

Preguntareivos na videoconferencia. 

Feliz semana a todos e todas! 

Deixo os ficheiros coas actividades nos arquivos adxuntos, para os que vos gusta mirar en documento. 

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO DE 2020.pdf246.72 KB
El emperador y el ruiseñor.pdf137.15 KB
Actividades sobre la lectura.pdf71.82 KB
La fiesta de palacio.pdf77.81 KB
Reducir, reutilizar e reciclar.pdf30.56 KB
Ideas para reutilizar materiais.pdf261.08 KB
Facer fertilizante caseiro.pdf35.99 KB